Unha viaxe pola física dos minerais. LUZADA

Unha viaxe pola física dos minerais. LUZADA


Poñentes:

Grupo de Divulgación Científica LUZADA (USCOPTICA-USCEPS): José Paz Martín, Damián Insua Costa, Irene Romo Díez, C. Damián Rodríguez Fernández.

LUZADA é un grupo de divulgación científica en fotónica e física formado por estudantes e investigadorxs da Universidade de Santiago de Compostela e que conta co apoio de OPTICA e da EPS. Dende as súas orixes en 2013, o grupo participa en múltiples actividades de divulgación en colaboración con colexios, institutos e incluso hospitais. Tamén participa en outras actividades adicadas a fomentar o desenvolvemento profesional dos membros do grupo e a sensibilizar sobre diferentes temas sociais e científicos.

Descrición do obradoiro:

Usualmente aprendemos sobre as propiedades dos minerais dende un punto de vista descriptivo e macroscópico. Este obradoiro ten por finalidade explicar as características dos minerais dende unha perspectiva totalmente diferente: en base ás causas físicas e microscópicas. Algunhas das propiedades que se abordan neste obradoiro son dureza, cor, radioactividade, fluorescencia ou birrefrinxencia, entre outras. A través delas, introduciremos diversas técnicas para a identificación e caracterización de minerais, como, por exemplo, a difracción de raios X, así como outras aplicacións de vangarda de cristais sintéticos. Toda esta aproximación á física e á súa relación cos minerais farase en base a mostras reais e pequenos experimentos que asegurarán unha experiencia interactiva e didáctica. Tamén falaremos de técnicas de datación a través de minerais que se utilizan na arqueoloxía e a paleontoloxía. Contarase cun contador Geiger cedido polo Laboratorio de Docencia de Física Nuclear da Facultade de Física da USC, un microscopio de polarización do grupo de investigación NaFoMat da USC e con exemplares minerais cedidos por Javier Santos (GMXG), Beatriz Prieto (Dpto. Edafoloxía, Fac. Farmacia), Carlos Rodríguez, Ximo Company e Francisco Canosa.

Idade recomendada: adultos

As reservas están activas desde o día 4 de Outubro do 2022 ata as 9:00 do propio sábado de celebración do obradoiro, 15 de outobro de 2022. Máximo reservas por solicitante: 2. Aforo: 20 persoas.

Notas: Se fas unha reserva e finalmente non podes asistir, indícao no apartado inferior de comentarios e anularemos a reserva, quedando así a praza dispoñible para outra persoa que estea interesada. Indica claramente os teus datos persoais. Se fas unha reseva dobre, indica o nome completo do acompañante. Por motivos de seguridade, no MHN deben de dispor de tódolos datos completos.

A última hora poden surxir novas prazas, estate atento…

O obradoiro “Unha viaxe pola física dos minerais” ten unha segunda edición (mesmos contidos) o próximo día 29 de Outubro.

 

LUZADA preparando o evento o día previo:

O obradoiro unha vez realizado:

Todo un éxito. Grazas á equipa de LUZADA polo seu dinamismo e por aportar unha visión diferente dos minerais desde a física. Puidemos aprender de aplicacións arqueométricas dos minerais, sobre propiedades físicas pouco coñecidas, adentrámonos  na estrutura cristalográfica dos minerais, as súas características radiativas e tamén se falou profusamente de fotónica, polarización e propiedades ópticas dos sólidos cristalinos naturais.

O día 29 de Outubro celebramos a segunda sesión deste obradoiro, será similar, máis nunca igual. Apúntate e se che gustou axúdanos a difundir a iniciativa de divulgación científica!

Reservas

As reservas están cerradas para este evento.

Data -- Hora
15/10/2022 -- 11:00 a.m. - 1:00 p.m.

Ubicación
Sala de Obradoiros do Museo de Historia Natural

2 Replies to “Unha viaxe pola física dos minerais. LUZADA”

  1. Ola, bo día, sinto avisat tan tarde pero nonnpodo asistir ao obradoiro de hoxe porque me atopo enferma. Un saúdo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *