INICIATIVA DICITEUS 2024-2026

INICIATIVA DICITEUS 2024-2026

Estas novas actividades intégranse no marco da INICIATIVA DICITEUS 2022-2026, Divulgación Científica en Ciencias da Terra da USC, organizada polo Museo de Historia Natural e a Área de Infraestruturas de Investigación da USC.

 

Coordinación organizativa da iniciativa  DICITEUS de Divulgación da investigación en Ciencias da Terra 2022-2026 da USC: Xoana Pintos Barral (Museo de Historia Natural da USC)  e Oscar Lantes Suárez (Unidade de Arqueometría e de Caracterización de Materiais, Área de Infraestruturas de Investigación da USC).

A INICIATIVA DICITEUS surxe como extensión do anterior Proxecto de Divulgación Minerais. Ver o Invisible:

Despois da boa acollida desta pasada edición 2022-2023, facíase necesario seguir divulgando á sociedade, desde o MHN e a AII (USC)  a investigación que se realiza en Ciencias da Terra na universidade.

 

ACTIVIDADES 2024-2026:

EXPOSICIÓN NO MHN (2024-2025): MINERAIS VER O INVISIBLE. De Haüy á Ermeloíta

Clica e accede aos contidos da exposición en 2ª EDICION que se desenvolverá durante os anos 2024 e 2045 no Museo de Historia Natural (MHN) da Universidade de Santiago de Compostela:

 

EXPOSICIÓN DE METEORITOS

Museo de Historia Natural. Musealización de meteoritos da colección de Xavier Canseco durante o ano 2024 e 2025.

 

XXII SIMPOSIO SOBRE LA ENSEÑANZA DE LA GEOLOGÍA. Montañas do Courel 2024

No mes de Xullo de 2024 celebrouse o Simposio Estatal que organiza a AEPECT sobre Ciencias da Terra. Orientado a profesorado de secundaria, esfera universitaria e a todos os afeccionados e divulgadores en Ciencias da Terra. Información do Simposio: https://www.aepect.org/XXIISimposio2024. A USC colaborou ca organización do congreso a través da Unidade de Arqueometría e de Caracterización de Materiais. Ademáis levamos varias comunicacións relacionadas ca Divulgación Mineralóxica que realizamos estes anos, pósters sobre a ermeloíta e anunciamos novas actividades que estamos a realizar no marco desta nova INICIATIVA DICITEUS. Máis información na páxina Presenza en Eventos Científicos.

 

MUSEALIZACIÓN DA ESTRUTURA DA ERMELOÍTA NO CACTUS (Planta 1)

Conmemorando a publicación en Mineralogical Magazine do artigo científico que presenta a estrutura da ermeloíta, no Edificio Cactus realizase unha musealización permanente da estrutura crsitalográfica 3D así como dunha réplica 3D da peza.

Preparando as vitrinas…:

 

MUSEALIZACIÓN MINERALÓXICA NO CACTUS (Planta 0)

Vitrina mineralóxica no Edificio CACTUS da USC na que se anuncia a INICIATIVA DICITEUS con pezas do MHN e do Dpto. de Edafoloxía e Qca. Agrícola de Farmacia da USC.

     

    A Área de Infraestruturas de Investigación da USC e o Museo de Historia Natural da USC desenvolven investigación mineralóxica desde máis de dúas décadas. A necesidade de promocionar esta investigación e a celebración do Ano Mineralóxico Internacional 2022 dedicado a Just René Haüy, un dos fundadores da Mineraloxía e a Cristalografía modernas, motivaron a presentación dun proxecto ao Consello Social da USC para divulgar e investigar neste campo científico.

    Esta pasado proxecto solicitouse co título “UNHA OLLADA CIENTÍFICA AO MUNDO MINERAL. AXUDAS CONSELLO SOCIAL 2022” e a efectos de divulgación e de exposición a acción divulgativa promocionouse coa marca “MINERAIS. VER O INVISIBLE. De Haüy á Ermeloíta” (Resolución do Consello Social da USC do 17 de marzo de 2022; Solicitantes: Área de Infraestruturas de Investigacion e Museo de Historia Natural da USC, IP: Óscar Lantes Suárez; Ref. Cod 2022-PU002).

    A concesión do proxecto dou lugar á organización de obradoiros mineralóxicos, charlas, saídas ao campo, participación en eventos científicos e divulgativos e culminou cunha gran exposición no Pazo de Fonseca. Estas actividades permitiro achegar á sociedade os últimos avances sobre investigación mineralóxica desenvolvidos desde a USC na Galiza, homenaxear á figura de René Haüy, presentar o novo mineral  galego, a ermeloíta e mostrar a diversidade mineral, todo relatado dende unha perspectiva artística e creativa. Este rotundo éxito motiva que este pasado programa se alongue agora aos próximos anos 2024-2026 a través na nova INICIATIVA DICITEUS.

     

    PROMOCIÓN DA DOAZÓN DE PEZAS MINERAIS SINGULARES AO MHN

    Grazas á iniciativa DICITEUS favoreceuse que pezas minerais singulares foran doadas ao MHN por diferentes axentes. A Área de Infraestruturas de Investigación canalizou a doazón realizando unha caracterización química e mineralóxica previa. Algunhas destas pezas son:

    -Berilo de grandes dimensións do Monte Galiñeiro recoletado por José Ramón Feijoo e doado en última instancia por Carlos Rodríguez Vázquez.

    -Moonmilk ou leite da Sima Aradelas de O Courel, doado polo Xeoparque Montañas do Courel.

    -Pegmatita e granodiorita do Monte Hermelo, que marcan o contexto xeoloxico do novo mineral ermeloíta, doado por Carlos Rodríguez Vázquez.

    -Análise de ópalo con uso nun Traballo de Fin de Máster da Universidade de A Coruña (peza nº 833 do MHN).

    Consulta de datos adicionais e informes asociados en MHN.

     

    (fotografía de berilo, primeiro mineral abaixo á esquerda)

     

    EXPOSICIÓN EN FONSECA: MINERAIS VER O INVISIBLE. De Haüy á Ermeloíta (2023)

    Clica e accede aos contidos da exposición que tivo lugar en 1ª EDICION no Colexio de Fonseca durante o verán do ano 2023.

     

    __________________________________________________

    Equipo de traballo da iniciativa DICITEUS (2022-2026)

    Coordinadores:

    Xoana Pintos Barral (Museo de Historia Natural, USC), Javier Iglesias Piñeiro (Dir. Museo de Historia Natural, USC) e Oscar Lantes Suárez (Unidade de Arqueometría e CM, AII, USC)

    Equipo:

    Coordinadores e Juan Manuel Cutrín Lobato (Museo de Historia Natural, USC), Ainda González Pazos (Unicade de Arqueometría e CM, AII, USC), Inés Fernández Cereijo (Unicade de Raios X, AII, USC), Guillermo Zaragoza Vérez (Unicade de Raios X, AII, USC)


     

    Divulgación científica, motor creador de novas vocacións, educación contemporánea da sociedade. Mineraloxía desde a Universidade

     

    Cesión de espazo web: Área de Infraestruturas de Investigación (USC)