Eventos de divulgación

Eventos de divulgación

O proxecto concedido pola FECYT

 “CONCIENCIA DUNHA TRADICIÓN. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós”

…non é tan só unha exposición

É unha iniciativa de divulgación científica que incluíu diversos eventos de divulgación como os seguintes:

 

CONFERENCIAS

Xoves, 11/Abril/2024 (18:00-19:00): Conferencia 1: “Os primeiros oleiros lucenses”. Adrián Folgueira, Roberto Bartolomé e Enrique Alcorta.

Esta charla versou sobre a produción oleira de Lvcvs Avgvsti, desde o seu inicio a principios do século I d. C., ata o seu final,  aló polo séculos VI-VII. Explicando o seu modelo organizativo, o barrio oleiro, os tipos de fornos, a súa produción cerámica, tipoloxía, etc. Falouse ademáis dos diferentes oleiros coñecidos polos seus selos; e para rematar, viuse a gran distribución que chegou a ter esta produción cerámica.

Grazas aos tres especialistas arqueólogos que nos mostraron a inmensa riqueza cerámica de Lugo no mundo romano.  32 asistentes.

 

Xoves, 18/Abril/2024 (17:00-18:00): Conferencia 2: “Una etnografía desde la  Arqueología. Investigaciones en los alfares tradicionales de la cerámica de Faro (Oviedo)”.  Alfonso Fanjul Peraza.

“La localidad de Faro llego a tener 70 hornos de cerámica funcionando a finales del siglo XVIII. Hoy al borde de la extinción, con un solo taller en funcionamiento, las excavaciones arqueológicas en distintos hornos,  estan escribiendo la historia desconocida de esta cerámica tradicional asturiana.”. (A. Fanjul).

Grazas a A. Fanjul pola interesante charla que nos permitiu coñecer mellor o actual  Faro e o seu pasado arqueolóxico.  21 asistentes.

 

Xoves, 25/Abril/2024 (18:00-19:00): Conferencia 3: “Principais características e diferenzas das pezas producidas nos centros alfareiros de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós”. Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira.

A importancia de diferenciar as pezas que foron elaborada dentro dos catro principais centros produtores de Lugo é fundamental para poder entender e identificar cada a produción propia de cada un deles e clave tamén para entender o modo de vida da sociedade que as emprebaban. 20 asistentes.

 

Venres, 10/Maio/2024 (18:00-19:00): Conferencia 4:  “Un viaje por la tinajería española. Las ámboas, una pieza con personalidad propia”. Alfons Romero

Tinaxas e ámboas son o mesmo, grandes recipientes para conter líquidos e almacear diferentes produtos sólidos coma o grao. En Galiza emprégase ocasionalmente o nome de tinaxas, máis o máis habitual é denominalas ámboas. Nesta conferencia puideron verse diferentes morfoloxías de tinaxería española que será comparada cas morfoloxías máis frecuentes das ámboas dos centros produtores da provincia de Lugo. 35 asistentes.

 

 

COCCIÓNS

Sábado 30/Marzo/2024: Cocción en Bonxe (Forno Pepa Lombao). Preparación do forno: 11.00-14:00. Tarde: cocción, degustación de empanada e  actuación musical das Cegas de Ouselle.

Grazas á asociación Canaveira e a Pepa Lombao por recrear esta cocción tradicional envolta nun aire de festa. 125 asistentes.

 

Sábado 20/Abril/24: Cocción en Samos (Forno de Lulle, Roxofrei). Recreouse unha cocción tradicional. Ca actuación musical das Cegas de Ouselle. 85 asistentes.

 

 

Sábado 11/Maio/2024: Cocción en Gundivós (Rectoral de Gundivós, Casa Elías). Recreouse unha cocción tradicional. Ca actuación musical das Cegas de Ouselle. 225 asistentes.

 

 

 

 

 

VISITAS GUIADAS PROGRAMADAS

Luns, 11/Marzo/2024 (11:00-12:00): Visita da ONCE con práctica de lectura braille con visita piloto adaptada. Asistencia de 10 invidentes y dos monitores.

Mércores, 20/Marzo/2024 (13:00-14:00): Visita da ONCE á sala táctil e con adaptación para o resto de salas. Asistencia 15 invidentes y 3 voluntarias de acompañamiento.

Mércores, 03/Abril/2024: Visita de reclusos e funcionarios do Centro Penitenciario de Bonxe. Guiada por el comisario H. Flores. Visita de 12 reclusos y 2 monitores.

Venres, 12/Abril/2024 (11:00-13:00): Visita guiada por H. Flores e M.Fernández para a Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón de Lugo. 30 asistentes.

 

OUTRAS VISITAS ORGANIZADAS POR O VELLO CÁRCERE

-Nº de visitas guiadas polos monitores do Vello Cárcere: 2 visitas

-Nº de colexios visitantes: 2 colexios

-Nº doutras institucións ou personalidades visitantes: 1 institución

Nº de conferencias realizadas: 4 conferencias

-Outras actividades: 1 obradoiro para nenas e nenos cunha cabida de 10 participantes

 

VISITANTES TOTAIS DA EXPOSICIÓN (29/04/2024-17/05/2024)

Nº de visitantes totais: 5226 persoas

 

As visitas de grupo durante o tempo expositivo foron concertadas en:

https://ovellocarceredelugo.gal/contacto/ e

☎ +34 982 297 195   

📩  vellocarcere@lugo.gal

Non dubides en contactar con O Vello Cárcere para concertar visitas cas actuais exposicións que teñan agora en marcha. Há valer a pena !

 

Próximamente iremos actualizando esta páxina con máis información e novos eventos

 

Cartel QR descargable da Exposición de Cerámica

Espazo WEB cedido (co-financiación) pola Área de Infraestruturas de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela