Sala táctil ONCE
EXPOSICIÓN
Conciencia dunha tradición: Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós
Centro Sociocultural. O Vello Cárcere
29 Febreiro 2024 – 17 Maio 2024
Organiza: Universidade de Santiago de Compostela, CISPAC e Asociación Canaveira
Esta SALA TÁCTIL está adicada ás persoas invidentes e a aquelas que desexen poder tocar unha selección de pezas cerámicas tradicionais
Este CÓDIGO QR que estades agora a escoitar ou ler recolle os textos Braille que contén a sala táctil e tamén un breve texto introductorio da exposición
CONTIDOS DESTA SALA TÁCTIL
-Mapa táctil ca localización dos centros cerámicos na provincia de Lugo. Nome das localidades en Braille.
-4 paneis táctiles cas formas cerámicas máis abundantes
-12 pezas cerámicas relevantes con cartelas en Braille
-Reproducción 3D da metade do volumen dunha ámboa a escala 1:3 elaborada a partir dun estudo tomográfico no Hospital Veterinario Rof Codina e impresa no CiQus da USC
Material producido ca colaboración da ONCE
CARTELAS DAS PEZAS CERÁMICAS EXPOSTAS NESTA SALA TÁCTIL
T01
Pota con dúas asas
Samos
Para cociñar
Propietario: Lolo F. (reproducción)
T02
Porrón
Samos
Para beber auga
Propietario: Lolo F. (reproducción)
T03
Ola con dúas asas
Samos
Para gardar alimentos
Propietario: Lolo F. (reprodución)
T04
Xarro
Gundivós
Para servir viño (recuberto de pez no interior)
Propietario: Hixinio F.
T05
Escurrecubas
Gundivós
Para recoller o viño que caía dos barrís de viño
Propietario: Hixinio F.
T06
Xarro
Gundivós
Para servir viño (sen recubrir de pez no interior)
Propietario : Hixinio F.
T07
Asado
Bonxe
Variante de ola con dúas asas para transportar auga
Propietario: Hixinio F.
T08
Pucheiro
Bonxe
Úsase para o leite
Propietario: Hixinio F.
T09
Barreñón
Bonxe
Usase para a matanza
Propietario: Hixinio F.
T10
Fonte
Mondoñedo
Para cociñar asados
Propietario: Lolo F.
T11
Pucheira
Mondoñedo
Para o leite
Propietario: Lolo F.
T12
Pota
Mondoñedo
Para cociñar e gardar alimentos
Propietario: Lolo F.
RESUMO DO CONXUNTO DA EXPOSICIÓN E DO PROXECTO DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA:
Un dos esforzos expositivos e de divulgación científica sobre a olaría tradicional luguesa máis relevantes desde os estudos de Luciano García Alén e colaboradores
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o CISPAC colaboran coa Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira desde hai máis de 10 anos para desenvolver investigación en cerámica tradicional dos centros oleiros de Galicia e en especial de Lugo. Un dos últimos froitos desta colaboración é a organización dunha exposición de cerámica dos centros de Bonxe, Samos, Mondoñedo e Gundivós que terá lugar no espazo expositivo dependente do Concello de Lugo “O Vello Cárcere” (OVC) durante o 29 de Febreiro de 2024 ao 17 de Maio do 2024.
O obxectivo da exposición e do proxecto é amosar unha serie seleccionada de pezas singulares e de uso cotiá na casa galega que axude a ofrecer, con enfoque científico, unha imaxe realista da riqueza oleira e do modo de vida de épocas pasadas. A exposición é froito dun novidoso traballo conxunto e colaborativo de coleccionistas, arqueólogos e outros investigadores da USC desenvolvido a partir dun proxecto de divulgación científica da FECYT.
Sen o aporte da ciencia dificilmente poderemos ampliar o coñecemento desta tradición secular e o facer dos cacharreiros acabará esmorecendo no esquecemento
A exposición estará conformada en gran parte por máis de 250 pezas expositivas cedidas temporalmente por 25 coleccionistas privados e investigadores en cerámica onde gran parte delas posúen un especial valor polas súas características e/ou son pezas únicas moi poucas veces expostas. É a primeira vez en Galicia que amais de presentar un conxunto de pezas seleccionadas para expoñer, preséntanse o proceso de produción de uso e declive desta cerámica.
O proxecto de divulgación científica da FECYT, non só se limita á propia exposición aquí presentada, senón que supuxo indagar na tipoloxía das pezas destes catro centros produtores realizando fotografías e debuxos artísticos e debuxos arqueolóxicos nas pezas expostas, amais de tomar a súa métrica e descrición formal. Tamén se realizou investigación arqueométrica, con análises tomográficas e 3D, bibliográfica e etnográfica que serán igualmente recollidos nunha próxima publicación. Hai que destacar en especial, a incorporación de debuxos arqueolóxicos realizados expresamente por arqueólogos profesionais cunha orientación didáctica que será servirá como base documental para investigacións futuras no campo da arqueoloxía. É novidoso contar co aporte de diversas disciplinas científicas que se poñen á disposición dos estudos clásicos en cerámica tradicional e que axudan a mergullarse no seu estudo e coñecemento. Isto constitúe un fito e primeiro paso na axuda da categorización tipolóxica das pezas construídas nos principais centros oleiros da provincia de Lugo.
A exposición é novidosa en varios aspectos: Contará con visitas guiadas para escolares e público xeral, así como para o colectivo de reclusos do Centro Penitenciario de Bonxe, organismo colaborador. Asemade contará cunha Sala Táctil para invidentes ou persoas con reducida visión. Haberá outra sala con monitores nos que se proxectarán vídeos etnográficos, tomográficos e entrevistas a oleiros e investigadores da cerámica). A exposición tamén terá proxección a través dunha páxina WEB creada especificamente para a súa difusión (https://blog.riaidt.com/titulo-expo).
A exposición está organizada en cinco grandes bloques:
-Introdución (andar da planta baixa da OVC). Contén grandes paneis explicativos dos obxectivos do proxecto e da exposición e recolle unha síntese das tipoloxías (morfoloxías) cerámicas en forma de debuxo arqueolóxico e debuxo artístico.
-Tipoloxía Comparada (celas masculinas, planta 1). Neste bloque preséntanse as morfoloxías máis comúns de pezas e compáranse segundo centros produtores. Os paneis explican as características morfolóxicas e usos destas pezas.
-Pezas especiais (celas masculinas, planta 2). Neste bloque preséntanse pezas de feitura máis ocasional organizadas principalmente por usos, pezas para a auga, pezas para conservar, pezas para o viño e os alcois, pezas para construír, etc.
-Procesos de produción (celas femininas, planta 1). Neste bloque preséntanse aos catro centros produtores, realizando unha descrición sintética das súas características, desde o tipo de barreiras de onde recollían os barros, a como eran os obradoiros e os seus tornos ata a súa esfera de comercialización das pezas.
-Procesos de uso e vida (celas femininas, planta 2). No último bloque relátanse a través de diferentes celas, como foi a supervivencia e adaptación dos centros produtores co paso do tempo, tamén se relatan outras facetas como a arqueolóxica, tratando de indagar nos inicios da tradición e faise unha homenaxe a Luciano García Alén, o principal estudoso da cerámica do Noroeste Peninsular que culmina ca publicación da súa obra “Alfarería de Galicia” en 1983.
Destacan na exposición a presenza de dúas pezas moi especiais, a Ámboa dos Anxos, unha peza de grandes dimensións, procedente de Samos e moi belamente decorada e unha roda de xisto dun torno romano atopado nunha escavación arqueolóxica da cidade de Lugo.
Dous bloques complementarios son esta Sala Táctil adicada á ONCE e outra sala con vídeos de tomografías, etnográficos e entrevistas a estudosos da cerámica e alfareiros.
Complementariamente á exposición e dentro do tempo expositivo celebraranse diferentes conferencias impartidas por estudosos da cerámica e coleccionistas. Estas charlas anunicaranse próximamente. E tamén se realizarán tres coccións de pezas de barro en fornos tradicionais: 30-mar-24 (Forno Pepa Lombao, Bonxe, Outeiro de Rei), 20-abr-24 (Forno de Lulle, Roxofrei, Samos) e 11-may-24 (Reitoral de Gundivós, Sober). Nestas coccións contarase ca participación musical do grupo “As Cegas de Ouselle”.
Queremos agradecer a todas as persoas e institucións a súa participación e apoio para que esta exposición puidese ser realizada, sen os cales, este traballo multidisciplinar non podería ser desenvolvido. Comisarios:
Pilar Prieto Martínez (USC, CISPAC) (pilar.prieto@usc.es)
Hixinio Flores Rivas (Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira)
VISITAS PROGRAMADAS ADAPTADAS PARA A ONCE
Luns, 11/Marzo/2024 (11:00-12:00): Visita da ONCE con práctica de lectura braille con visita piloto adaptada. Asistencia de 11 participantes y 2 monitores.
Mércores, 20/Marzo/2024 (13:00-14:00): Visita da ONCE á sala táctil e con adaptación para o resto de salas. Asistencia 14 participantes y 3 voluntarias de acompañamiento.
“A titulo de resumen ambas visitas cumplieron con las expectativas de acccesibilidad y supuso un enriquecimiento cultural para los asistentes al poder experimentar la elaboración de las diferentes piezas”. Francisco Javier Farnés Caminero. Director de Agencia ONCE de Lugo.
Próximas visitas: en elaboración
Amáis desta páxina WEB da Cela táctil elaborada ca colaboración da ONCE, existen contidos adicionais para ampliar información dispoñibles na WEB xeral deste Proxecto de Divulgación Científica
Cartel QR descargable da Exposición de Cerámica
Espazo WEB cedido (co-financiación) pola Área de Infraestruturas de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela