Exposición Cerámica

Exposición Cerámica

         

        Conferencias, coccións e nova información nas páxinas:  “Eventos de divulgación”, “Historias do barro” e “Enlaces”. Clica nelas nos links que aparecen máis adiante.

 

          Se PINCHAS nestes seguintes  LINKS, terás acceso á máis información de cada un dos bloques expositivos:

 

 

 

Galiza é unha terra cunha gran tradición oleira, cacharreira, barraxeira

Aínda que por agora non se pode facer unha clasificación cronolóxica polo miudo, existen referencias documentais xa dende o século XVII. Os centros oleiros están distribuidos por todo o país cunha maior incidencia na costa do norte e do sur, cara a fronteira entre Ourense e Lugo e na Terra Chá, sendo os ríos  Miño e Sil vertebradores destes centros.

Nesta exposición daremos un paseo por catro dos máis relevantes centros oleiros lucenses, Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós, a través de máis de 250 cacharros cerámicos e outros, bastantes,  elementos expositivos que foron aportados maioritariamente por 25 coleccionistas particulares e tamén polo Museo Provincial de Lugo, o Museo do Castro de Viladonga e a familia de Luciano García-Alén.

O noso obxectivo é amosar unha serie seleccionada de pezas singulares e de uso cotiá na casa galega que axude a ofrecer, con enfoque científico, unha imaxe realista da riqueza oleira e do modo de vida de épocas pasadas.

A exposición é froito dun traballo conxunto e colaborativo de coleccionistas, arqueólogos e outros investigadores da USC desenvolvido a partir dun proxecto de divulgación científica da FECYT.

María Pilar Prieto Martínez e Luis Hixinio Flores Rivas (Comisarios)

 

Organiza: Universidade de Santiago de Compostela, CISPAC e Asociación Ceramolóxica Canaveira

 

Agradécese ao Concello de Lugo a cesión do espazo expositivo de O Vello Cárcere para esta exposición