Inicio

Inicio

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT e darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC. O obxectivo funcional da RIAIDT é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.

Son funcións da RIAIDT:

  1. Dar soporte á investigación dos diferentes investigadores, grupos de investigación, departamentos, institutos, centros e servizos da USC, así como tamén a outros centros públicos ou privados, no marco de convenios, concertos ou acordos que a USC estableza.
  2. Desenvolver a investigación metodolóxica propia das técnicas experimentais necesarias para mellorar e ampliar as prestacións, de acordo coas directrices de política científica da USC.
  3. Asesorar á comunidade universitaria en todo o que faga referencia ao seu ámbito de actuación, así como difundir os seus servizos.
  4. A formación dos investigadores da USC nas técnicas implantadas nas unidades e áreas da Rede co fin de que poidan aproveitar ao máximo o potencial das infraestruturas dispoñibles.
  5. A promoción da creación de plataformas científico-tecnolóxicas de prestación de servizos de apoio a investigación, que poderán ser mixtas, con participación de unidades da RIAIDT xunto con grupos de investigación da USC, ou estar constituídas únicamente por grupos de investigación da USC.