Inicio

Inicio

engranaxes

A “Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico” (RIAIDT) ou a “Área de Infraestruturas de Investigación” (AII) é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT e darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC. O obxectivo funcional da RIAIDT é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.

A Dirección da Área de Infraestruturas de Investigación considera a Calidade como un valor engadido e diferenciador para o labor de apoio científico-técnico e de transferencia de tecnoloxía e coñecemento, desenvolvida polo persoal da Área. No ano 2016, a Dirección da Área de Infraestruturas de Investigación, co apoio da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, promove a experiencia de implantar en parte da organización un Sistema de Xestión de Calidade acorde aos requisitos da Norma UNE-EN-ISO 9001:2015 e demais esixencias normativas e legais de aplicación. A consecución desta primeira actuación no ámbito da Calidade dentro da Área de Infraestruturas de Investigación consolida o compromiso da organización coa Calidade, así como o da súa progresiva extensión ao conxunto das Unidades que a conforman.

O compromiso da Área de Infraestruturas de Investigación coa Calidade concrétase nas seguintes directrices:

  1. Dar soporte á comunidade investigadora da USC, así como a outros centros públicos ou privados, no marco de convenios, concertos ou acordos que a USC estableza.
  2. Desenvolver a investigación metodolóxica propia das técnicas experimentais para mellorar e ampliar as prestacións existentes, de acordo coas directrices da política científica da USC e demais requisitos legais de aplicación.
  3. Promover e recoñecer o compromiso dos Responsables e de todo o persoal das Unidades da Área coa Calidade, co coñecemento, implantación, mantemento e mellora do Sistema de Xestión de Calidade segundo a Norma ISO UNE-EN-9001:2015, focalizado na mellora continua e a satisfacción das usuarias e dos usuarios.
  4. Priorizar a innovación e a mellora continua para implementar un Sistema de Xestión de Calidade que xere confianza na metodoloxía de traballo, mediante a estandarización de protocolos, procedementos e procesos que serán avaliados por unha entidade autorizada para certificar a idoneidade do sistema segundo a Norma UNE-EN-ISO 9001
  5. Atender ás demandas e ás necesidades formativas do persoal técnico da Área para garantir a prestación dun servizo científico-técnico con niveis esixibles de calidade, ademais de motivar e afianzar a súa imprescindible implicación na Calidade
  6. Fomentar a comunicación bidireccional cos usuarios, reais e potenciais, para identificar e dar resposta ás súas necesidades e expectativas, e con elo avanzar no que respecta á satisfacción de usuarias/os e á mellora do Sistema de Xestión de Calidade.

 

Ligazóns de interese: