Exposición Mineralóxica no Pazo de Fonseca
O Proxecto de “Divulgación Mineralóxica” coordinado pola Área de Infraestruturas de Investigación e o Museo de Historia Natural da USC contempla organizar unha próxima exposición mineralóxica na Sala do Artesonado do Pazo de Fonseca para os meses de Xuño, Xullo e Agosto do 2023. A exposición titulada “MINERAIS. VER O INVISIBLE” pretende homenaxear a René Haüy, pai da Mineraloxía e da Cristalografía e figura á que a International Mineralogical Association adica o Ano Mineralóxico 2022.
DATA INAUGURACIÓN: XOVES 22 DE XUÑO DE 2023
DATA CLAUSURA: SÁBADO 2 DE SETEMBRO DE 2023

Hay que destacar que o Museo de Historia Natural da USC dispón nos seus fondos a colección de modelos de formas mineralóxicas máis completo do mundo realizados polo propio Haüy. A exposición, deseñada pola artista Mónica Mura mostrará a investigación mineralóxica que se está desenvolvendo desde a USC e a Área de Infraestruturas de Investigación dunha maneira creativa ca inclusión de VideoArte e Paisaxes Sonoras baseadas éstas en pezas de música sinfónica compostas por Fernando Buide del Real. A gran visibilidade da Sala do Artesonado do Pazo de Fonseca (dependente da Área de Cultura da USC) permitirá divulgar a investigación mineralóxica á sociedade en xeral e promoverá un diálogo comunicativo co Museo de Historia Natural da USC e co resto de institucións colaboradoras neste Proxecto de Divulgación Mineralóxica.
A exposición terá continuidade a partir de Setembro do ano 2023 nas instalacións do MHN e terá unha permanencia documental a través da creación dun catálogo propio que próximamente estará disponible a través deste blog
Lugar de celebración
Sala do Artesonado do Pazo de Fonseca
Creadores de contidos:
Guillermo Zaragoza Verez: deseños, organización e mineraloxía estrutural; Inés Fernández Cereijo: organización e selección mineral; Bruno Dacuña Mariño: comunicación; Aida González Pazos: organización e selección mineral; Mercedes Rivas Cascallar: realización de microfotografía óptica; Beatriz Prieto Lamas: realización de microscopía petrográfica; Ramiro Barreiro Pérez: realización de microscopía petrográfica; Raquel Antón Segurado: realización de microscopía electrónica; Ramón Ameneiro Pampín: pezas de soprado de vidro; Rita Castro Míguez: Pezas soprado de vidro; Eduardo Gómez Bargo: organización instrumental; Carlos Rodríguez Vázquez: asesoramento mineral e microscopía electrónica; Javier Santos López e GMXG: asesoramento mineral; Mónica Mura: deseño global da exposición e videoarte; Fernando Buide del Real: pezas de música sinfónica; Oscar Lantes Suárez: organización e coordinación xeral.
Asesoramentos
Selección de pezas minerais: Javier Santos, Enrique González, GMXG; Caixa de minerai fluorescentes: Carlos Rodríguez, Eduardo Gómez, Javier Miranda; Ermeloíta: Carlos Rodríguez; Organización montaxe: Eloy Blanco.
Cesión de Pezas:
Museo de Historia Natural, Área de Infraestruturas de Investigación, Museo Minergal, Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego, Carlos Rodríguez Vázquez, Eduardo Gómez Bargo, Ximo Company Boronat, Antonio Sousa Pedrares, Alfonso Castiñeiras Campos, Fundación Tecnolóxica do Granito-MINERGAL, Escola de Minas de UVigo; José Ramón Feijoo.
Agradecementos:
Área de Cultura da USC, Biblioteca Xeral da USC, Colaboradores
Financiación:
Consello Social da USC, Área de Infraestruturas de Investigación, Museo de Historia Natural

Iniciando preparativos técnicos:














