Procesos de produción
(celas feminina, planta 1)
Neste bloque preséntanse aos catro centros produtores, realizando unha descrición sintética das súas características, desde o tipo de barreiras de onde recollían os barros, a como eran os obradoiros e os seus tornos ata a súa esfera de comercialización das pezas
Homemaxe
Aos últimos alfareiros que fan do seu traballo actual e pasado memoria viva do noso
Profesionalidade, sensibilidade e saber facer
Agapito xa non está con nos, Obdulia, segue forte coma sempre, Elías e Tomás, traballando, e Pepa, que se retira, pero estamos confiados en que transmitirá o seu saber
E a aqueles outros tantos, que tanto fixeron
Mondoñedo
Con antigüidade constatada polo momento dende o século XVIII a cidade de Mondoñedo producía recipientes de barro vidrado e sen vidrar. O último cacharreiro que deixou de traballar foi Alejando Fernández Soto, coñecido polo Patrulla.
Os lugares de cacharreiros que existiron en Mondoñedo estaban nos Muíños, no Couto e na Feira cos seus fornos circulares e exteriores que serían modificados a partir de 1940. A mediados do século XX existían uns 20 obradoiros, coas súas cabanas, o lugar onde se realizaba o traballo. A produción era familiar, levantando pezas ao mesmo tempo varios membros da familia.
Os fornos eran circulares, tiñan unha cúpula apuntada na parte superior para a saída de fumes e no interior contaban cunha grella feita a base de ladrillos colocados en arco.
A venta era unha actividade feminina a través das feiras que se realizaban na cidade, chegando a súa distribución a toda a Mariña, As Pontes, Castro de Rei ou Vilalba.
Bonxe
O centro produtor máis próximo á capital provincial é o último representante dunha serie de pobos de cacharreiros na contorna de Outeiro de Rei. Descoñécese a data de inicio da produción, pero no século XVIII xa se están a realizar cacharros neste espazo.
A produción era familiar, pero chegaron a existir cacharreiros contratados a xornal. Orixinalmente os obradoiros estaban nas propias casas, coa roda e a pedra do barro na propia estancia da lareira para poder traballar de inverno sen pasar moito frío. Os barros, analizados arqueométricamente pola USC, eran todos de procedencia local. forno normalmente atopábase fora da vivenda xunto os alboios onde se gardaba leña e cacharros.
O torno é de eixo alto. A cerámica de Bonxe é vidrada, empregándose sulfuro de chumbo coñecido como o baño de Alcoi. Os fornos hoxe en día están dentro dun pendello, convertido en obradoiro oleiro. As cocións duraban entre 7 e 9 horas, comezando paseniñamente.
Cunha estratéxica situación no camiño real cara A Coruña, as súas áreas de distribución eran amplas, destacando as feiras de venta na cidade de Lugo, das que aínda quedan testemuñas gráficas. Vilas e cidades como Betanzos, Monforte, Chantada e Lalín recibían os materiais desta olaría, ben a través da venta dos propios cacharreiros, nas proximidades de Bonxe, ou a través de arrieiros.