Coleccionismo mineralóxico responsable en Galicia. GMXG

Coleccionismo mineralóxico responsable en Galicia. GMXG


A actividade ten por obxectivos presentar unha breve historia do coleccionismo mineralóxico, os tipos máis habituais de coleccións e coleccionistas, os impactos e aportes do coleccionismo e do código ético dos e das coleccionistas de minerais. Asimesmo se falará da recollida de minerais (metodoloxía e materiais) e do estudo, mantemento e conservación de exemplares.

Impartido por: Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego: Roi Sampedro Rañó (xeólogo pola Universidade de Oviedo, profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Ensinanzas Medias. Traballou durante varios anos en exploración xeolóxica e mineira en Galicia e colabora ca organización dos Xeolodías); Pilar Rojo Flores (filóloga pola Universidade de Santiago de Compostela. Mineraloxista afeccionada. Foi directiva da Asociación de Museos y Colecciones de Minerales de España (AMYP) e colabora en varias publicacións mineralóxicas); Javier Santos López (economista pola Universidade de Santiago de Compostela, mineraloxista afeccionado. Colaborou en diferentes obras mineralóxicas e é ex-directivo da Asociación de Museos y Colecciones de Minerales de España).

Data: 1 de Abril de 2023

Inscrición: activarase 1 mes antes da data de celebración

 

 

¿Tes interese noutras actividades xeo-mineralóxicas que organizan os nosos colaboradores?

Data -- Hora
01/04/2023 -- 11:00 a.m. - 1:00 p.m.

Ubicación
Sala de Obradoiros do Museo de Historia Natural