Haüy
René Just Haüy (Saint-Just-en-Chaussée, 28 de febreiro de 1743 – París, 1 de xuño de 1822) é un mineraloxista francés autor dunha inxente obra científica nos campos da mineraloxía, cristalografía, piroelectricidade e metroloxía, considerado o fundador da cristalografía. Descubriu a regularidade dos cristais minerais, estableceu o concepto de especie mineral, realizou unha clasificación dos minerais e describiu numerosas especies.
“A teoría que propoño neste traballo baséase na concordancia da observación co cálculo, da que non se podería prescindir, para tratar, con certo acerto, un asunto onde todo é, por así dicilo, proporción e regularidade”
(“Essai d’une théorie sur la structure des crystaux”, René-Just Haüy, 1784)
Moble orixinal onde se expuxeron os modelos orixinais de Haüy durante o século XX no Museo de Historia Natural da USC (MHN):
- Retrato de René Just Haüy.
- Réplicas dos modelos cristalográficos en madeira para docencia na Facultade de Ciencias.
Os modelos orixinais pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela -1024 exemplares- foron doados polo mesmo Haüy ao matemático galego José Rodríguez no ano 1819. En 1847 a colección ingresa no Museo de Historia Natural. Os modelos representan as formas regulares das diversas variedades cristalinas de cada especie mineral, numeradas e etiquetadas polo mesmo abate.
Minerais das coleccións de José Viqueira e Joaquín Pardo (MHN) expostos no moble:
- Cuarzo amatista (SiO2). Seúl. Korea. Mineral sobre peana de madeira.
- Calcita (var. espato de Islandia) (CaCO3). Islandia. Clasificación de Strunz: Carbonatos. Dimensións: 19 x 8 x 2,8 cm. Colección Viqueira. Museo de Historia Natural. Códigos MHN:119700286. Código AR: MHN001.
- Biotita (K(Mg,Fe)3AlSi3O10(OH, F)2). Viena. Austria. Clasificación de Strunz: Tectosilicato. Dimensións: 19x17x1 cm. Colección Viqueira. Museo de Historia Natural. Códigos MHN: FS verde claro/384/00626. Código AR: MHN007.
- Pirita (FeS2). Mina Bingham Canyon. Utath. EE.UU. Clasificación de Strunz: Sulfuros. Dimensións: 8,7 x 5,6 x 4,1 cm. Colección Viqueira. Museo de Historia Natural. Códigos MHN: 1155/0086/ 1/2.
- Torita ((Th,U)SiO4). Noruega. Clasificación de Strunz: Nesosilicato. Colección Viqueira. Museo de Historia Natural. Códigos MHN: NS/1294/00524. Código AR: MHN042. Grans en tubo de ensaio de vidro.
- Cuarzo (SiO2). Manciñeira. As Pontes. A Coruña. Clasificación de Strunz: Tectosilicatos. Dimensións: 10 x 6 x 4,5 cm. Colección Joaquín Pardo. Museo de Historia Natural. Códigos MHN: 51/1185. Código AR: MHN098.
- Calcita (var. espato de Islandia) (CaCO3). Islandia. Clasificación de Strunz: Carbonatos. Dimensións: 19 x 8 x 2,8 cm. Colección Viqueira. Museo de Historia Natural. Códigos MHN: 234/00274.
Obras de Haüy depositadas na Biblioteca Xeral da USC
VITRINA XEMELGA 1
Traité de minéralogie: volumen 5: atlas. 1ª edición
Paris: Imprimerie de Delance, 1801
Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral
Sinatura: 15540
Este volume está depositado no MHN e describe os caracteres mineralóxicos, distribución metódica dos minerais e figuras xeométricas. Regalado por dona María de Gigirey, viúva de Louzao. Santiago, maio 1933.
VITRINA XEMELGA 2
Traité de minéralogie. 1ª edición. 5 vol.
París: Imprimerie de Delance, 1801
Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral
Sinaturas: 15536 15537 15538 15539 15540
Traité de minéralogie. 2ª edición. 5 vol.
París: Bachelier, 1822
Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral
Sinaturas: 29791/1 29791/2 29791/3 29791/4 29791/5
Tableau comparatif des résultats de la cristallographie et de l’analyse chimique, relativement a la classification des minéraux.
París: Imprimeur-Libraire Courcieur, 1809
Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral
Sinatura: 2403
Traité élémentaire de physique.
París: Imprimerie de Delance et Lesueur, 1803
Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral
Sinatura: 11929
Exposition raisonnée de la théorie de l’électricité et du magnétisme.
París: La Veuve Desaint, 1787
Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral
Sinatura: RSE 3941
A Biblioteca Xeral da USC posúe unha inxente cantidade de obras bibliográficas de incalculable valor e antigüidade. En concreto, para o caso da obra de Haüy, destácase que segundo o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español, a Biblioteca Xeral é a única biblioteca que ten exemplares das dúas edicións (1801 e 1822) do Traité de Minéralogie de Haüy.
- Documentación: Biblioteca Xeral (Francisco Javier Villar Teijeiro, Almudena Quintáns López e María Belén Domínguez Román) e Bruno Dacuña Mariño.
- Montaxes: Xoana Pintos Barral, Juan Manuel Cutrín Lobato.
- Deseño: Monica Mura.
Fitos históricos da ciencia mineralóxica
- Documentación: Bruno Dacuña Mariño (Unidade de Raios X, USC) en base ás seguintes fontes:
- Guiomar Calvo. 2022. Historia de la Mineralogía. Geología e historia de los minerals que han cambiado el mundo. Editorial Guadalmazán. Córdoba. España. 331 p. ISBN: 9788417547653.
- Jean-Claude BoulliardDelphine CabaretPaola Giura. History of crystallography. René-Just Haüy and the birth of crystallography
- Crystallography from Haüy to Laue: controversies on the molecular and atomistic nature of solids (Henk Kubbinga
- René Just Haüy. Wikipedia
- Cristalografía: El cura rompecristales. Cuaderno de Cultura Científica.
- Historia de los Modelos Cristalográficos. (Lopez-Acevedo, Macla 14, 2004).
- Haüy crystal models at the University of Santiago de Compostela (Leonardo, F. (2013): «Haüy crystal models at the University of Santiago de Compostela» The Mineralogical Record, marzo de 2013)
- Haüy, Rodríguez y los modelos de cristales de la USC (Revista Jael Joyas de Galicia 17, Dec 23, 2019)
- Antonio Casares Rodríguez no Ano internacional da Cristalografía (2014), Revista ENCIGA, Nº 78 Outubro 2014
Visita o Museo de Historia Natural e coñece os modelos orixinais de Haüy, unha colección das máis relevantes dos fondos histórico-científicos do museo.
Haüy, sempre Haüy, talentoso humano