Cristaloclastia (Videoperformance)

Cristaloclastia (Videoperformance)

CRISTALOCLASTIA, 2023

Videoperformance (vídeo 1920 x 1080, codecs h 264, audio 2 canais)

Monica Mura

Segundo conta a lenda, o abate René Just Haüy (1743-1822) estudaba un fragmento de mineral calcita cando lle caeu ao chan e observou como rompía en pequenas pezas que conservaban sempre a mesma forma romboédrica. Este foi o inicio da súa inxente obra científica que sentaría as bases matemáticas para as medicións das xeometrías cristalinas. O mineraloxista Romé de l’Isle cita ironicamente na súa Christallographie (1783) que acaba de aparecer un novo tipo de cristalógrafo “para o que a denominación de cristaloclasta (rompecristais) sería máis apropiada”.

  • Doazón minerais: Fernando Gil Prego (calcita), Cantera de la Estrella, San Juan de Plazuelas, León, e G. Zaragoza (bases líticas).

A rotura dun mineral coma inicio dunha disciplina

En 1780, o novo cura francés René Just Haüy (1743-1822), mentres observaba un fermoso agregado de grandes cristais prismáticos de calcita, este se lle caeu ao chan e rompeu en pequenas pezas. Para a súa sorpresa todas as pezas eran da mesma forma romboédrica. O estudo de outros minerais do mesmo xeito, isto é, rompéndoos, levouno a descubrir que moitos deles estaban formados por pezas con formas características para cada mineral: cristais como pequenas unidades tridimensionais (unidade estrutural básica ou “moléculas integrais”) que se apilan. En 1784 coa publicación do famoso ensaio “Essai d’une théorie sur la structure des crystaux” sentou as bases matemáticas para as medicións das xeometrías cristalinas. O inxente e minucioso traballo de Haüy cristalizou na publicación do seu atlas “Traité de Minéralogie (5 vols, 1801)” e “Traité de cristallographie (2 vols, 1822)”, onde se poden observar máis de 500 formas cristalinas descritas, debuxadas e clasificadas segundo as súas propiedades xeométricas.

Postal que mostra a Haüy sentado no chan observando os fragmentos dun grupo de cristais prismáticos de calcita (espato calcáreo) que, segundo a lenda, deixou caer accidentalmente mentres estaba no gabinete de curiosidades do Sr. Defrance, un dos seus amigos. De: -Jean-Claude Boulliard, Delphine Cabaret, Paola Giura. Historia da cristalografía. “René-Just Haüy and the birth of crystallography”
Fonte: https://www.iucr.org/news/newsletter/etc/articles?issue=155353&result_138339_result_page=25


  • Documentación: Bruno Dacuña Mariño.

Clastos cristalinos. Unidades morfo-regulares, pequenas, cada vez máis pequenas…