Unha viaxe pola física dos minerais. LUZADA
NOVAS EDICIÓNS DESTE OBRADOIRO EN XANEIRO E FEBREIRO DE 2023
Láseres, fluorescencia, radioactividade, arqueometría, cristalinidade, minerais e moito máis !
Poñentes:
Grupo de Divulgación Científica LUZADA (USCOPTICA-USCEPS): José Paz Martín, Damián Insua Costa, Irene Romo Díez, C. Damián Rodríguez Fernández.
LUZADA é un grupo de divulgación científica en fotónica e física formado por estudantes e investigadorxs da Universidade de Santiago de Compostela e que conta co apoio de OPTICA e da EPS. Dende as súas orixes en 2013, o grupo participa en múltiples actividades de divulgación en colaboración con colexios, institutos e incluso hospitais. Tamén participa en outras actividades adicadas a fomentar o desenvolvemento profesional dos membros do grupo e a sensibilizar sobre diferentes temas sociais e científicos.
Descrición do obradoiro:
Usualmente aprendemos sobre as propiedades dos minerais dende un punto de vista descriptivo e macroscópico. Este obradoiro ten por finalidade explicar as características dos minerais dende unha perspectiva totalmente diferente: en base ás causas físicas e microscópicas. Algunhas das propiedades que se abordan neste obradoiro son dureza, cor, radioactividade, fluorescencia ou birrefrinxencia, entre outras. A través delas, introduciremos diversas técnicas para a identificación e caracterización de minerais, como, por exemplo, a difracción de raios X, así como outras aplicacións de vangarda de cristais sintéticos. Toda esta aproximación á física e á súa relación cos minerais farase en base a mostras reais e pequenos experimentos que asegurarán unha experiencia interactiva e didáctica. Tamén falaremos de técnicas de datación a través de minerais que se utilizan na arqueoloxía e a paleontoloxía. Contarase cun contador Geiger cedido polo Laboratorio de Docencia de Física Nuclear da Facultade de Física da USC, un microscopio de polarización do grupo de investigación NaFoMat da USC e con exemplares minerais cedidos por Javier Santos (GMXG), Beatriz Prieto (Dpto. Edafoloxía, Fac. Farmacia), Carlos Rodríguez, Ximo Company e Francisco Canosa.
Este obradoiro é unha segunda edición (mesmos contidos) do pasado obradoiro Unha viaxe pola física dos minerais do día 15 de outubro. A inicios do ano 2023 celebraranse dúas novas edicións deste obradoiro.
Idade recomendada: adultos e adolescentes con inquedanzas
Aforo 20 persoas.
Notas: Se fas unha reserva e finalmente non podes asistir, indícao no apartado inferior de comentarios e anularemos a reserva, quedando así a praza dispoñible para outra persoa que estea interesada. Indica claramente os teus datos persoais. Se fas unha reseva dobre, indica o nome completo do acompañante. Por motivos de seguridade, no MHN deben de dispor de tódolos datos completos. Á chegada ao MHN acercádevos a recepción e facilitádelle toda a información que vos pidan. Que ningúen quede fora porque ti non das en anular a túa reserva.
A última hora poden surxir novas prazas, estate atento… ou envía un mail a oscar.lantes@usc.es para consultas.
PREPARANDO O OBRADOIRO:
O OBRADOIRO XA REALIZADO:
Agradecemos novamente a boa labor de LUZADA que se esforzaron en contarnos a todos curiosidades e segredos da física e a fotónica aplicados ao mundo mineral. Se non puidestes asistir ou queredes recordar non vos perdades as novas edicións deste obradoiro.
Queremos insistir en que aqueles que non poden asistir a un obradoiro, que avisen con tempo, pois nesta ocasión tivemos que deixar a máis de dez persoas fora por estar o aforo completo e poderían ter asistido se se tivesen anulado as reservas a tempo. As actividades gratuítas son para que as desfrute a sociedade e esixen que sexamos, se cabe, todavía máis cívicos e empáticos cos nosos iguais.
Reservas
Este evento está totalmente reservado.
Data -- Hora
29/10/2022 -- 10:45 a.m. - 1:00 p.m.
Obradoiro de mineraloxía:De producirse algunha baixa avísenme. Grazas
Boa tarde Beatriz:
No caso de qeu se produzan baixas, avisaremos por mail por orde de lista a todos os que se apuntaron e que por esta completo o aforo non puideron optar a participar. De producirse esa situación, quedarían admitidos aqueles aos que se lles comunique.
Grazas polo interés.
En caso de seguir sen conseguir praza, para xaneiro e feberiro, haberá novas edicións do obradoiro: “Unha viaxe pola física dos minerais” que imparte o Grupo de Divulgación Científica en Fotónica e Física LUZADA.
Les informo que, por motivos personales de última hora, no podremos asistir al taller de mañana sábado 29. Por lo tanto, renuncio a las dos plazas solicitadas a mi nombre, quedando estas a su entera disposición. Siento las molestias causadas. Esperamos poder asistir a venideros talleres. Muchas gracias por su atención.
Boa tarde, Salomé. Quedou a túa reserva dispoñible para os seguintes participantes en lista de espera.
Les informo que, por motivos personales de última hora, no podre asistir al taller de mañana sábado 29. Por lo tanto, renuncio a la plaza solicitada, quedando esta a su entera disposición. Siento las molestias causadas. Espero poder asistir a venideros talleres. Muchas gracias por su atención.
Boa tarde, Alejandro. Quedou a túa reserva dispoñible para os seguintes participantes en lista de espera.