Unha viaxe pola física dos minerais. LUZADA
Inscrición: OBRADOIRO TRASLADADO A NOVA DATA: 04 de Febreiro de 2023
Poñentes:
Grupo de Divulgación Científica LUZADA (USCOPTICA-USCEPS): José Paz Martín, Damián Insua Costa, Irene Romo Díez, C. Damián Rodríguez Fernández.
LUZADA é un grupo de divulgación científica en fotónica e física formado por estudantes e investigadorxs da Universidade de Santiago de Compostela e que conta co apoio de OPTICA e da EPS. Dende as súas orixes en 2013, o grupo participa en múltiples actividades de divulgación en colaboración con colexios, institutos e incluso hospitais. Tamén participa en outras actividades adicadas a fomentar o desenvolvemento profesional dos membros do grupo e a sensibilizar sobre diferentes temas sociais e científicos.
Descrición do obradoiro:
Usualmente aprendemos sobre as propiedades dos minerais dende un punto de vista descriptivo e macroscópico. Este obradoiro ten por finalidade explicar as características dos minerais dende unha perspectiva totalmente diferente: en base ás causas físicas e microscópicas. Algunhas das propiedades que se abordan neste obradoiro son dureza, cor, radioactividade, fluorescencia ou birrefrinxencia, entre outras. A través delas, introduciremos diversas técnicas para a identificación e caracterización de minerais, como, por exemplo, a difracción de raios X, así como outras aplicacións de vangarda de cristais sintéticos. Toda esta aproximación á física e á súa relación cos minerais farase en base a mostras reais e pequenos experimentos que asegurarán unha experiencia interactiva e didáctica. Tamén falaremos de técnicas de datación a través de minerais que se utilizan na arqueoloxía e a paleontoloxía. Contarase cun contador Geiger cedido polo Laboratorio de Docencia de Física Nuclear da Facultade de Física da USC, un microscopio de polarización do grupo de investigación NaFoMat da USC e con exemplares minerais cedidos por Javier Santos (GMXG), Beatriz Prieto (Dpto. Edafoloxía, Fac. Farmacia), Carlos Rodríguez, Ximo Company e Francisco Canosa.
Idade recomendada: adultos
Reservas: OBRADOIRO TRASLADADO A NOVA DATA: 04 de Febreiro de 2023
É preciso realizar nova reserva para a nova data.
¿Tes interese noutras actividades xeo-mineralóxicas que organizan os nosos colaboradores?
Reservas
Este evento está totalmente reservado.
Data -- Hora
21/01/2023 -- 10:45 a.m. - 12:45 p.m.