Obradoiro mineralóxico en G-Night (Noite Galega das Persoas Investigadoras)
Persoal da Área de Infraestruturas de Investigación imparte un obradoiro mineralóxico dentro das actividades científicas divulgativas do G-Night. G-Night (Noite Galega das Persoas Investigadoras. CONCIENCIAS CREATIVAS).
Sobre G-NIGHT:
Noite Europea dos Investigadores é un proxecto de divulgación científica promovido pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska-Curie do programa Horizonte 2020, que ten lugar simultaneamente en máis de 370 cidades europeas desde 2005.
A GNight é o resultado da colaboración entre os organismos de investigación galegos Universidade de Vigo (líder do proxecto), a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de A Coruña, CESGA, IEGPS-CSIC, IEO-CSIC, IDIS, INIBIC, CITMAga (antes ITMATI) e a SEBBM.
O proxecto Galician Night of Researchers é un evento asociado á MSCA e Cidadanía, unha iniciativa da Unión Europea financiada por Marie Sklodowska Curie Actions. Identificador da convocatoria HORIZON-MSCA-2022-CITIZENS-01 (Marie Sklodowska-Curie Actios European Researchers’ Night 2022-2023).
O noso obradoiro mineralóxico:
O obradorio mineralóxico titulouse “Minerais, ver o invisible. De HAÜY á ERMELOITA” e estará enfocado a activar o interese científico hacia os minerais e a promover o Proxecto de Divulgación da Investigación Mineralóxica 2022-2023 “MINERAIS. VER O INVISIBLE”. Tentouse achegar respostas ás seguintes preguntas: Como sabemos que unha pedra que nos atopamos é interesante? Será algo novo que ninguén atopou antes? Como sabían fai moitos anos o que era? e, como o sabemos agora?
Contidos:
- observación de minerais (visual, lupa ou microscopio)
- fluorescen ou non
- son magnéticos ou non
- reaccionan ante ácidos ou non
- medición de modelos cristalinos (tentando facer o que fixo Haüy no século XVIII e deixou escrito para 683 modelos de minerais diferentes)
- explicaremos os conceptos básicos da difracción como necesario para poder observar como están ordenados os átomos dentro dun cristal dos minerais
Organizadores e ponentes:
Bruno Dacuña Mariño, Inés Fernández Cereijo; Oscar Lantes Suárez, Aida González Pazos (Unidade de Arqueometría e de Caracterización de Materiais). Cesión temporal de modelos cristalográficos: Departamento de Química Inorgánica (USC). Pezas minerais: Colección Científica RIAIDT, Carlos Rodríguez Vázquez.
Público obxectivo:
Rapaces e adultos
Reservas:
Evento aberto a todo o público
Material didáctico:
Guión do obradoiro mineralóxico “Minerais, ver o invisible. De Haüy á Ermeloita“
Links de interese:
- G-NIGHT (Noite Galega das Persoas Investigadoras)
- App gratuita para ver os modelos cristalográficos en 3D, construir os propios e xerar recortables coma cos que imos a traballar no obradoiro (KrystalShaper)
- Nesta web utilízanse as propiedades dos minerais coas que traballaremos no obradoiro para dirixir aos usuarios a táboas onde se atopa máis información sobre “sospeitosos probables”(Sociedade Mineralóxica Americana)
O resultado:
Quedamos moi satisteitos da enorme asistencia de rapaces e adultos ás sesións do G-NIGHT que mostraron un alto interese e entusiasmo participativo tanto no noso obradoiro coma no resto dos obradoiros presentes no evento do Claustro do Pazo de Fonseca. Agradecemos á organización local a súa proposta e invitación (José Costoya Puente) así como á organización xeral do evento.
Esperando a poder repetir para o ano que ven!
Data -- Hora
30/09/2022 -- 6:00 p.m. - 9:00 p.m.
Ubicación
Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela)