Charla-Obradoiro: Diversidade mineralóxica de Galicia, unha ollada xeral. GMXG
O OBRADOIRO COMEZARÁ PUNTUALMENTE ÁS 10:30. PRÉGASE ACUDIR AO MHN 15 m ANTES PARA REALIZAR A IDENTIFICACIÓN EN RECEPCIÓN.
Descrición:
Este obradoiro é unha segunda edición (contidos similares) do obradoiro Diversidade mineralóxica de Galicia, unha ollada Xeral, do 19 de Novembro de 2022.
A actividade ten por obxectivo presentar a diversidade mineralóxica da Galicia granítica (pegmatitas e mineralizacións de Sn-W…), da Galicia lousenta, cuarcítica e calcaria (mineralizacións de Pb, Zn, Cu, Sb…), dos complexos alóctonos, dos xacementos auríferos galegos e outras rarezas peculiares (A Franqueira, entre outras).
A parte expositiva tratará, en primeiro lugar de situar o marco xeológico onde se forman os minerais en Galicia. Os mares de Gondwana e a cordilleira Varisca contarannos a súa historia pola boca de Roi Sampedro. Xa dentro deste marco, Enrique González falaranos da Galicia granítica e dos minerales asociados aos plutóns, das pegmatitas e dos filóns hidrotermais. A continuación, Manuel Echevarría exporá os minerales da Galicia lousenta, cuarcítica e calcárea. As blendas e galenas, os sulfuros e carbonatos tamén estarán presentes. Quedaranos despois tempo para desprazarnos a Cabo Ortegal onde Roi Sampedro iluminaranos sobre os minerais dos complexos alóctonos. Outra parada máis, levaranos a que nos poñamos na cabeza dos enxeñeiros romanos, cando Enrique González e Manuel Echevarría nos falen da mineraloxía do ouro galego que sostivo Roma. Para rematar, novamente Manuel Echevarría abriranos unha fiestra ás rarezas que non se atopan no marco anterior ca historia dos berilos de A Franqueira.
No obradoiro, manipularnase exemplares que permitirán palpar este relato mineralóxico e veranse pezas nas vitrinas do propio Museo de Historia Natural.
Poñentes: Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego: Roi Sampedro Rañó (xeólogo pola Universidade de Oviedo, profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Ensinanzas Medias. Traballou durante varios anos en exploración xeolóxica e mineira en Galicia e colabora ca organización dos Xeolodías); Manuel Echevarría (mineraloxista aficionado, colaborou na obra de obra “Minerales y Minas de España” de Miguel Calvo Rebollar, en cuios traballos describiu primeiras citas de varios minerais en Asturias e Castela-León); Enrique González Rodríguez (químico pola Universidade de Santiago de Compostela. Mineraloxista afeccionado, tutor na Universidade Nacional de Educación a Distancia de Pontevedra). Javier Santos López (Presidente do Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego, organizador e presentador da charla-obradoiro).
Idade recomendada: adultos e adolescentes con inquedanzas científicas.
Inscrición: Reservas activadas ata o as 9:00 do día do obradoiro. Máximo reservas por solicitante: 2. Aforo: 25 persoas.
IMPORTANTE: Se se producen baixas comunicadas de última, venres 16, entre as 18:00 e as 21:00, abriranse as reservas para as prazas que quedasen liberadas. Por responsabilidade social, é importante que, se estás anotado e finalmente non podes asistir á charla-obradoiro, anules a túa reserva, como moi tarde, antes das 14:00 h do venres 16 para que outras persoas interesadas poidan asistir. Para anular enviar mail a: oscar.lantes@usc.es.
Recordade que nas reservas é necesario incluir o nome completo e resto de datos. O propio día do evento no Museo de Historia Natural farán o control de acceso. Prégase estar presentes 15 minutos antes das 10:30 para facilitar a inscripción ao personal de recepción do Museo e para que o obraoiro poida iniciarse en hora.
Imaxes: Casiteritas galegas e prospectando minerais no campo para o seu uso nos obradoiros por parte do GMXG.
Preparando a Charla-obradorio:
Bibliografía Obradoiro Mineraloxía 171222:
MINDAT / WEBMINERAL / FORO MINERALES / MINERALIENATLAS / GRUPO MINERALÓXICO E XEOLÓXICO GALEGO / MINERALOGÍA TOPOGRÁFICA IBÉRICA / INSTITUTO GEOLÓGICO MINERO / SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MINERALOGÍA / SOCIEDAD GEOLÓGICA DE ESPAÑA / SOCIEDAD ESPAÑOLA DE LA CIENCIA DEL SUELO / SOCIEDAD ESPAÑOLA PARA LA DEFENSA DEL PATRIMONIO GEOLÓGICO Y MINERO
O día do obradoiro:
PRÓXIMAMENTE ANEXAREMOS PARTE DAS ELABORADAS PRESENTACIÓNS DOS PONENTES DO GRUPO MINERALÓXICO E XEOLÓXICO GALEGO:
Grazas a Roi, Enrique, Manuel e Javier (mineraloxicoexeoloxico@gmail.com) polo esforzo e dedicación invertidos neste obradoiro. Todo un éxito de interesante coñecemento xeolóxico e mineralóxico!
¿Tes interese noutras actividades xeo-mineralóxicas que organizan os nosos colaboradores?
Agradecemos á Asociacion de Amigos do Museo de Historia Natural da USC a súa colaboración neste proxecto de Divulgación Científica MINERAIS. VER O INVISIBLE coordinado pola Área de Infraestruturas de Investigación e o Museo de Historia Natural da USC.
Reservas
As reservas están cerradas para este evento.
Data -- Hora
17/12/2022 -- 10:30 a.m. - 1:00 p.m.
Supoño que me comunicaran con tempo si entro no cupo
Bo día, Ramón: Non realizaches a reserva. No momento en que te des de alta e realizes a petición chegarache unhha mensaxe indicando o seu estado de espera ou aceptación. Saúdos
Estaría interesado en asistir a todos los eventos
Bo día, Fidel:
É preciso que te inscribas na web: http://blog.riaidt.com/eventos/diversidade-mineraloxica-de-galicia-unha-ollada-xeral-ii
Saúdos