Charla-Obradoiro: Diversidade mineralóxica de Galicia, unha ollada xeral. GMXG

Charla-Obradoiro: Diversidade mineralóxica de Galicia, unha ollada xeral. GMXG


O SÁBADO 17 DE DECEMBRO CELEBRARASE UNHA SEGUNDA EDICIÓN DESTE OBRADORIO. APÚNTATE!

Descrición:

A actividade tivo por obxectivo presentar a diversidade mineralóxica da Galicia granítica (pegmatitas e mineralizacións de Sn-W…), da Galicia lousenta, cuarcítica e calcaria (mineralizacións de Pb, Zn, Cu, Sb…), dos complexos alóctonos, dos xacementos auríferos galegos e outras rarezas peculiares (A Franqueira, entre outras).

A parte expositiva tratou, en primeiro lugar de situar o marco xeológico onde se forman os minerais en Galicia. Os mares de Gondwana e a Cordilleira Varisca contáronnos a súa historia pola boca de Roi Sampedro. Xa dentro deste marco, Enrique González falounos da Galicia granítica e os minerales asociados aos plutóns, das pegmatitas e dos filóns hidrotermais. A continuación, Manuel Echevarría expuxo os minerales da Galicia lousenta, cuarcítica e calcárea. As blendas e galenas, os sulfuros e carbonatos tamén estarán presentes. Quedounos despois tempo para desprazarnos a Cabo Ortegal onde Roi Sampedro iluminounos sobre os minerais dos complexos alóctonos. Outra parada máis, levounos a que nos puxéramos na cabeza dos enxeñeiros romanos, cando Enrique González e Manuel Echevarría faláronnos da mineraloxía do ouro galego que sostivo Roma. Para rematar, novamente Manuel Echevarría abríunos unha fiestra ás rarezas que non se atopan no marco anterior ca historia dos berilos de A Franqueira.

No obradoiro, manipuláronse exemplares que permitiron palpar este relato mineralóxico e poideron apreciarse pezas da colección Joaquín Pardo e do resto de coleccións nas vitrinas do propio Museo de Historia Natural da USC.

Poñentes: Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego: Roi Sampedro Rañó (xeólogo pola Universidade de Oviedo, profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Ensinanzas Medias. Traballou durante varios anos en exploración xeolóxica e mineira en Galicia e colabora ca organización dos Xeolodías); Manuel Echevarría (mineraloxista afeccionado, colaborou na obra de obra “Minerales y Minas de España” de Miguel Calvo Rebollar, en cuios traballos describiu primeiras citas de varios minerais en Asturias e Castela-León); Enrique González Rodríguez (químico pola Universidade de Santiago de Compostela, mineraloxista afeccionado, tutor na Universidade Nacional de Educación a Distancia de Pontevedra e vogal na Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC). Javier Santos López (Presidente do Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego, organizador e presentador do evento).

Idade recomendada: adultos e adolescentes con inquedanzas científicas

Inscrición: Este obradoiro tivo un aforo de reservas de 23 persoas e contou cunha presenza final de 22 asistentes. Se non puideches asistir, tes unha repetición do obradoiro o próximo 17 de decembro de 2022 e para o ano 2023 hai programadas máis actividades do Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego.

Imaxe: Berilo de A Franqueira

 

Preparando o obradoiro

O Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego (GMXG) reuniuse en varias ocasións no MHN para organizar este obradoiro. Mostramos alguna fotografía da organización do evento:

Grazas á AEPECT-Galicia a axuda na difusión dos obradoiros mineralóxicos entre o profesorado de ensino medio.

 

O obradoiro en activo

Agradecemos aos ponentes da charla-obradoiro celebrada hoxe a súa dedicación e solvencia de contidos. Despois de tres intervencións moi interesantes e entretidas (descuplas se nos extendimos un pouco no tempo…) puidemos coñecer os minerais de Galicia da mellor forma posible, a través do seu contexto xeolóxico, a partir de coñecer cales son as rochas que temos no territorio. Sabendo como se forman as rochas podemos saber, ou intuir, que grupos de minerais é esperable que estean presentes, xa non, no caso dos maioritarios, que pode ser evidente, senón no caso dos minoritarios, habitualmente de gran interese mineiro e científico. O percorrido pola diversidade de minerais de Galicia permitíunos afondar en xeoloxía, en especies minerais e na historia e presente de varias minas singulares do Norte Peninsular. Agraceder tamén ao público asistente o voso interese e ao persoal do MHN a súa colaboración. Destacamos que un dos retornos que se acadan ca realización destas actividades, máis aló da divulgación en sí mesma, é o descubrimento e posta en contacto de persoas e entidades o que contribúe a xerar redes de transferencia de coñecemento.

Podedes profundizar en coñecementos mineralóxicos a través das actividade que organiza o Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego e a través das seguintes actividades programadas para finais do 2022 e inicios do 2023.

 

¿Tes interese noutras actividades xeo-mineralóxicas que organizan os nosos colaboradores?

Reservas

As reservas están cerradas para este evento.

Data -- Hora
19/11/2022 -- 10:30 a.m. - 12:45 p.m.

Ubicación
Sala de Obradoiros do Museo de Historia Natural