Coleccionismo mineralóxico responsable en Galicia. GMXG

Coleccionismo mineralóxico responsable en Galicia. GMXG


Descrición:

A actividade tivo por obxectivos presentar unha breve historia do coleccionismo mineralóxico, os tipos máis habituais de coleccións e coleccionistas, os impactos e aportes do coleccionismo e do código ético dos e das coleccionistas de minerais. Asimesmo se falará da recollida de minerais (metodoloxía e materiais) e do estudo, mantemento e conservación de exemplares.

 

Impartido por:

GRUPO MINERALÓXICO E XEOLÓXICO GALEGO:

Pilar Rojo Flores: Mineraloxista afeccionada. Foi directiva da Asociación de Museos y Colecciones de Minerales de España (AMYP) e colaborou en varias publicacións mineralóxicas.

Javier Santos López:  Mineraloxista afeccionado. Colaborou en diferentes obras mineralóxicas e é ex-directivo da Asociación de Museos y Colecciones de Minerales de España.

Fernando Vila López: Mineraloxista aficionado, coautor e colaborador en publicacions mineraloóxicas.

Roi Sampedro Rañó: Supervisor científico. Xeólogo pola Universidade de Oviedo, profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Ensinanzas Medias. Traballou durante varios anos en exploración xeolóxica e mineira en Galicia e colabora ca organización dos Xeolodías.

 

Contidos:

1. Breve historia do coleccionismo mineralóxico.

2. Impactos e aportes do coleccionismo . Coleccionismo e patrimonio Xeoloxico , coleccionismo e Ciencia.

3. Tipos de coleccións (e coleccionistas).

4. Código ético dos e das coleccionistas de minerais.

 5. A recolla de minerais (metodoloxía, materiais, ferramentas, …).

6. Etiquetado, estudo, mantemento e conservación de exemplares .

7.Páxinas web fundamentais: Bases de datos, localizacions, entorno xeóloxico.

8. Libros e revistas.

9. Feiras e mesas de troco.

10. A colección de microminerais.

 

 

 

Data de celebración: 29 de Abril de 2023

Hora de inicio: 10:30

Hora de finalización: 13:15

Lugar onde se impartíu: Museo de Historia Natural

 

O obradoiro en acción:

Agradecemos a todos os participantes o voso interese e ao Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego a súa dedicación. Con este obradoiro aprendemos a como coleccionar minerais dun xeito científico, seguro e respetuoso co medio ambiente.

Se tes interese en máis actividades que organiza o GMXG podes seguir este blog e/ou escribirlles directamente a: mineraloxicoexeoloxico@gmail.com.

 

¿Tes interese noutras actividades xeo-mineralóxicas que organizan os nosos colaboradores?

Reservas

As reservas están cerradas para este evento.

Data -- Hora
29/04/2023 -- 10:30 a.m. - 1:00 p.m.

Ubicación
Sala de Obradoiros do Museo de Historia Natural