PROXECTO DIVULGACIÓN MINERALOXÍA 2022-2023

PROXECTO DIVULGACIÓN MINERALOXÍA 2022-2023

A Área de Infraestruturas de Investigación da USC e o Museo de Historia Natural da USC desenvolven investigación mineralóxica desde máis de 20 anos. A necesidade de promocionar esta investigación e a celebración do Ano Mineralóxico Internacional 2022 dedicado a René Haüy, pai da Mineraloxía e a Cristalografía, motivaron a presentación dun proxecto ao Consello Social da USC para divulgar e investigar en mineraloxía.

A concesión do proxecto da lugar á organización de obradoiros mineralóxicos, saídas ao campo, conferencias e unha gran exposición. Estas actividades permitirán achegar á sociedade os últimos avances sobre investigación mineralóxica desenvolvidos desde a USC en Galicia.

Colaboradores

Deseño e maquetación

Mónica Mura (Italian Multimedia Artist & Designer)

Coordinadores do proxecto

Oscar Lantes Suárez, Marcos Andrés González, Guillermo Zaragoza Vérez, Inés Fernández Cereijo, Marta Vázquez Rodríguez, Juan Manuel Cutrín Lobato, Xoana Pintos Barral, Jose Otero Casas, Bruno Dacuña Mariño


Autoría das imaxes e fotografías: creación propia a excepción das fotografías mineiras (con permiso de Daniel González Alén e Antonio Presas).