INICIATIVA TERRAUS 2022-2026: DIVULGACIÓN DA INVESTIGACIÓN EN CIENCIAS DA TERRA DA USC

INICIATIVA TERRAUS 2022-2026: DIVULGACIÓN DA INVESTIGACIÓN EN CIENCIAS DA TERRA DA USC

 

Estas novas actividades intégranse no marco da Iniciativa TERRAUS 2022-2026, Divulgación Científica en Ciencias da Terra da USC, organizada polo Museo de Historia Natural e a Área de Infraestruturas de Investigación da USC.

Coordinación organizativa da iniciativa “Divulgación da investigación en Ciencias da Terra 2022-2026: Xoana Pintos Barral (Museo de Historia Natural da USC)  e Oscar Lantes Suárez (Unidade de Arqueometría e de Caracterización de Materiais, Área de Infraestruturas de Investigación da USC)

 

Clica e accede aos contidos da exposición en 2ª EDICION que se desenvolverá durante os anos 2024 e 2045 no Museo de Historia Natural (MHN) da Universidade de Santiago de Compostela:

EXPOSICIÓN NO MHN (2024-2025): MINERAIS VER O INVISIBLE. De Haüy á Ermeloíta

 

 

Clica e accede aos contidos da exposición que tivo lugar en 1ª EDICION no Colexio de Fonseca durante o verán do ano 2023:

EXPOSICIÓN EN FONSECA: MINERAIS VER O INVISIBLE. De Haüy á Ermeloíta

 

 

Outras actividades realizadas ao abeiro do proxecto de divulgación mineralóxica durante os anos 2022-2023:

 

 

A Área de Infraestruturas de Investigación da USC e o Museo de Historia Natural da USC desenvolven investigación mineralóxica desde máis de dúas décadas. A necesidade de promocionar esta investigación e a celebración do Ano Mineralóxico Internacional 2022 dedicado a Just René Haüy, un dos fundadores da Mineraloxía e a Cristalografía modernas, motivaron a presentación dun proxecto ao Consello Social da USC para divulgar e investigar neste campo científico.

O Proxecto solicítase co título “UNHA OLLADA CIENTÍFICA AO MUNDO MINERAL. AXUDAS CONSELLO SOCIAL 2022” e a efectos de divulgación e de exposición a acción divulgativa promociónase coa marca “MINERAIS. VER O INVISIBLE. De Haüy á Ermeloíta” (Resolución do Consello Social da USC do 17 de marzo de 2022; Solicitantes: Área de Infraestruturas de Investigacion e Museo de Historia Natural da USC, IP: Óscar Lantes Suárez; Ref. Cod 2022-PU002).

A concesión do proxecto da lugar á organización de obradoiros mineralóxicos, charlas, saídas ao campo, participación en eventos científicos e divulgativos e culmínase cunha gran exposición no Pazo de Fonseca. Estas actividades permitirán achegar á sociedade os últimos avances sobre investigación mineralóxica desenvolvidos desde a USC en Galicia, homenaxear á figura de René Haüy, presentar ao novo mineral descuberto en Galicia, a ermeloíta e mostrar a diversidade mineral, todo relatado dende unha perspectiva artística e creativa.

 

Iniciativa TERRAUS 2022-2026:

Debido ao éxito do proxecto de divulgación 2022-2023, agora amplíanse as actividades a todo o conxunto de Ciencias da Terra durante os anos 2024-2026 cunha exposición Mineralóxica  en 2ª EDICIÓN no Museo de Historia Natural (MHN), outra  exposición tamén no MHN sobre meteoritos e durante todo este período de 2022-2026 incorporarante máis actividades divulgativas complementarias. Estate atento !

 

 

 

Colaboradores (2022-2025)

 

 

Financiación (2022-2023)

Consello Social da USC e Área de Infraestruturas de Investigación

 

Equipo de traballo do proxecto (2022-2023)

Oscar Lantes Suárez (oscar.lantes@usc.es), Marcos Andrés González, Guillermo Zaragoza Vérez, Inés Fernández Cereijo, Marta Vázquez Rodríguez, Juan Manuel Cutrín Lobato, Aida González Pazos, Xoana Pintos Barral, Jose Otero Casas, Bruno Dacuña Mariño, Marta Cereijo Castro.

 

Equipo de traballo da iniciativa TERRAUS (2022-2026)

Coordinadores: Xoana Pintos Barral (Museo de Historia Natural, USC) e Oscar Lantes Suárez (Unicade de Arqueometría e CM, AII, USC

Organización: Juan Manuel Cutrín Lobato

 

 


 

 

Divulgación científica, motor creador de novas vocacións, educación contemporánea da sociedade. Mineraloxía desde a Universidade

 

Cesión de espazo web: Área de Infraestruturas de Investigación (USC)