Presenza en eventos científicos
O Proxecto de Divulgación Mineralóxica “MINERAIS. VER O INVISIBLE” organiza outras actividades e participa en eventos científicos e de promoción da mineraloxía coma os seguintes:
- Feira de Minerais de Santiago (02/05/23-05/05/23). Realizarase una exposición para a difusión do Proxecto “MINERAIS VER O INVISIBLE” e paralelamente o GMXG participará con varias conferencias e obradoiros.
Outras actividades
- Musealizacións no MHN de minerais especiais de Galicia.
- Vitrina expositiva no vestibulo do CACTUS da USC. Colocarase unha vitrina mineralóxica e un cartel promocional do Proxecto.
- Paneis informativos en diferentes centros e institucións. Colocaranse diversos paneis expositivos e roll-ups en diferentes centros, museos e facultades (Museo Minergal, Facultades da USC e UVigo, etc.).
- Presenza nas webs dos organismos colaboradores. Dentro das webs dos organismos colaboradores incluiranse información relativa ao Proxecto de Divulgación Mineralóxica “MINERAIS. VER O INVISIBLE” co obxecto de xerar sinerxias cruzadas no campo da mineraloxía.
