Ligazóns Xeo-Mineralóxicas
PRÓXIMAS CITAS DE INTERESE XEO-MINERALÓXICO:
Feira de Minerais de Santiago de Compostela. 2-5 de Marzo de 2023. Área Central.
Participaremos con material expositivo divulgativo e contará ca realización de varios obradoiros mineralóxicos por parte do Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego, colaborador do “Proxecto Minerais. Ver o Invisible. De Haüy á Ermeloíta“.

–Novas do Proxecto Minerais. Ver o Invisible.
–Noticias AEPECT. Número 43. Diciembre 2022. Publícase información sobre a 14ª Olimipada Española de Geología, novas sobre o Proxecto de Mineraloxía Minerais. Ver o Invisible, información sobre as coleccións mineralóxicas do Museo de Historia Natural e actividades da Asociación de Amigos do MHN, ademáis de outras novas sobre xeoparques e o próximo Congreso Xeolóxico de España.
-Presentación do libro Manual de Ilustración Científica: Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela:


-Exposición: Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá-Bonxe. Ata marzo de 2023 na Facultade de Historia da USC en Santiago de Compostela. A exposición da a coñecer a alfarería de Bonxe e da contorna a través de diferentes perspectivas: a arqueometría e a mineraloxía dos barros, a etnografía, a arqueoloxía, a historia e a tipoloxía cerámica. Interesante mostra coa contribución da alfareira Pepa Lombao e o ceramista Lolo de Anseán. Ven a visitala!

Inaugurada o 2 de decembro de 2022. Visitable ata o 15 de Marzo de 2023.

–Fase galega da XIV olimpíada de xeoloxía. 8 de febreiro de 2023. Haberá sedes en A Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Quiroga (Lugo). A XIV Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos. Na edición da Fase Galega contarán coa colaboración da Consellería de Educación e do Xeoparque das montañas do Courel, ademáis das Facultades de Bioloxía de Santiago, de Ciencias da Coruña, E.M.E de Minas de Vigo, e de Ciencias de Ourense., e do Xeoparque das montañas do Courel.

–Concurso de Ciencias da Terra GEODESCUBRE. Organizado polo equipo coordinador do Geolodía 23 e a Xunta de Goberno da Sociedade Xeolóxica de España. Celébrase entre o 1/12/22 e o 1/03/23. Apúntate e aumenta o teu interese pola historia e xeoloxía do teu entorno!
-Conferencia “A Pegada do home e os seus efectos na xeomorfoloxia de Galicia” impartida polo doutor Francisco Canosa co gallo do XXIII Día da Ciencia en Galego:

-Xornada de Bateo de Ouro no Concello de Barreiros (impartida por F. Canosa):

–1º Simposio de Paleontoloxía do noroeste peninsular. Tivo lugar entre os días 16 e 18 de novembro de 2022. Área de Paleontoloxía. Departamento de Física e Ciencias da Terra. Facultade de Ciencias. Universidade da Coruña.
-Charla sobre o cambio climático en La Bañeza (León). Ponente: Luis Carcavilla do IGME. Tivo lugar este pasado novembro de 2022:

–Xornada de Portas abertas dos Centros Singulares de Investigación da USC. Tiveron lugar este pasado sábado 19 de novembro. Nesta sexta edición de Ciencia Singular o CiQUS, CiMUS, CiTIUS e IGFAE abriron as súas portas á cidadanía unha vez máis para celebrar o seu meirande encontro de divulgación anual, convidando a familias e visitantes de tódalas idades a achegarse á investigación de excelencia desenvolvida no ecosistema científico da Rede de Centros Singulares da USC. Estate atento para o próximo ano!.
LIGAZÓNS PARA BOTARLLE UN VISTAZO…:
–Ano Mineralóxico Internacional 2022. Adicado a René Haüy
–2022: a Year to Celebrate Mineralogy
–Mineral do Ano. IMA is the world’s largest organization promoting mineralogy
–IMA Database of Mineral Properties
–Anos Internacionais das Ciencias
–I Northwest Meeting of Young Researchers in Optics
–Comisión de Mujeres y Geología. Sociedad Geológica de España
–Geocharlas. Sociedad Geológica de España. Ponte en contacto con elas e organiza xeocharlas nos teus centros de ensino!
-Geosfera: Rocas: Especial Halloween. Encuentra la lápida!
-Geosfera: Clasificación de las rocas Rocas comestibles.
–AEPECT. Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de La Tierra.
Obradoiros mensuais de recoñecemento de minerais organizados pola
Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Organizan moitas actividades relacionadas ca mineraloxía: Obradoiros mensuais de recoñecemento de minerais; Charlas divulgaivas sobre emprego de recursos minerais en Galicia e España e ofertan unha exposición itinerante de recursos naturais de Galicia que podes levar ao teu centro de ensino.


–Galería de Minerales FMF. Foro de Mineralogía Formativa. Espectaculares fotos de minerais ordeadas alfabéticamente.

GRUPO MINERALÓXICO E XEOLÓXICO GALEGO
MINERALOGÍA TOPOGRÁFICA IBÉRICA
SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MINERALOGÍA
SOCIEDAD ESPAÑOLA DE LA CIENCIA DEL SUELO
SOCIEDAD ESPAÑOLA PARA LA DEFENSA DEL PATRIMONIO GEOLÓGICO Y MINERO
DIMETILSULFURO. Blog de divulgación científica de Débora García Bello. Rigor científico explicando dun modo sinxelo a realidade cultural e natural na que vivimos. Véxase de exemplo: “O hormigón de Fisac“.
Observatorio da Ciencia Cidadá. FECYT.
“GEAS: Mujeres que estudian la Tierra”. A Comisión de Mulleres e Xeoloxía da Sociedade Xeolóxica de España publicou hai máis de un ano o libro “GEAS: Mujeres que estudian la Tierra” en colaboración con outras institucións. Agora estase a traducir a distintas linguas e recentemente publicouse a versión galega. Este libro de divulgación científica pon en valor a 12 mulleres e os seus avances científicos en Xeoloxía e Ciencias da Terra.
-Conferencia recentemente impartida: Minerales estratégicos para la industria gallega. 27-28/10/22. Cidade da Cultura. Santiago.

–Sociedade de Ciencias Aranzadi. Aranzadi Zientzia Elkarteak. Sociedade científica que facilita a conservación e a posta en valor do patrimonio científico, histórico e cultural. Un referente en: Xeoloxía, Xeodesia, Espeleoloxía, Astronomía, Ornitoloxía, Micoloxía, Herpetoloxía, Entomoloxía, Botánica, Prehistoria, Etnografía, Arqueoloxía, Antropoloxía. E consulta a revista que publican: MUNIBE.
-Concurso de Adornos de Nadal Reciclados. Organizado pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural. Participa!

SOFTWARE XEO-MINERALÓXICO:
- KrystalShaper: App gratuita para ver modelos cristalográficos en 3D
- Mineral Identification Key (Sociedade Mineralóxica Americana): Útil para a identificación de minerais.
- 8th list of the Catalogue of Type Mineral Specimens (CTMS)
VÍDEOS MINERALÓXICOS:
-Museo dos Minerais de Galicia. Minergal. vídeos de exemplares minerais: Pirita; Estibina; Olivino; Calcita; Calcita 2; Aragonito; ;Almandino; Baritina; Espodumena; Cuarzo (jacintos de Compostela); Actinolita; Cianita
–Sachando amatistas en twitter….