Caixa Fluorescencia

Caixa Fluorescencia

Algúns minerais emiten luz de diversas cores durante a súa exposición á radiación ultravioleta. É o que se coñece como fluorescencia mineral, unha propiedade óptica que se emprega como criterio identificativo

Caixa de fluorescencia iluminada con luz ultravioleta (365 nm)

 

Minerais expostos no MHN:

  • 1, 2: Autunita (Ca(UO2)2(PO4)2 · 10-12H2O). Canteira Vilachá de Mera, Friol, Lugo. Fluorescencia verde.
  • 3, 4: Fluorita (CaF2). Marrocos. Fluorescencia azul.
  • 5: Cerusita (PbCO3). Mibladen, Midelt, Khenifra, Marrocos. Fluorescencia amarela.
  • 6: Sodalita (Na4(Si3Al3O6)2Cl). Groenlandia. Fluorescencia laranxa.
  • 7: Calcita (CaCO3). México. Fluorescencia violeta.
  • 8: Ópalo (SiO2 · nH2O). México. Fluorescencia verde.
  • 9: Escapolita ((Na,Ca)4(Si,Al)12O24(Cl,CO3,SO4)). Canadá. Fluorescencia amarela.

Qué é a Fluorescencia mineral?

Qué es la fluorescencia, qué es un espectrofluorímetro, ensayos de  fluorescencia, aplicaciones de fluorescencia | Molecular Devices

Os minerais presentan propiedades ópticas moi interesantes. Algúns presentan a capacidade de emitir luz como resultado dun estímulo externo de distinta natureza (mecánico, físico, químico, térmico). A este fenómeno se lle denomina de forma xeral luminiscencia.

Un dos fenómenos luminiscentes más vistosos e impredecibles no mundo mineral es la fotoluminiscencia, esta consiste na emisión de luz por parte dun mineral cando é sometido a distintos tipos de radiacións electromagnéticas, incluso á luz natural. Foi George Gabriel Stokes quen, en 1852, destacou a capacidade da fluorita de producir un brillo azul cando se ilumina con “luz invisible”. A este fenómeno denominouno fluorescencia. Pero tivo que pasar máis dun século ata que Niels Bohr (1913) e posteriormente Erwin Shrödinger (1926) establecesen as bases atómicas para entender as causas deste fenómeno.

A fluorescencia é una propiedade moi impredecible xa que non todos os exemplares dun mesmo mineral a presentan, isto é debido a que algúns minerais manifiestan esta propiedade só cando posúen certas impurezas químicas denominadas activadores, este é o caso da calcita que con impurezas de manganeso emite unha característica luz vermella.

Algunhas impurezas químicas poden actuar tamén a modo de modificadores, cambiando a cor da súa emisión, como sucede coa presenza de molibdeno na scheelita que transforma a súa fluorescencia blanca en amarela ou incluso nalgúns casos poden chegar a actuar como desactivadores anulándoa por completo.

Este fenómeno, a fluorescencia, prodúcese unicamente durante o tempo no que o mineral está sendo sometido á radiación electromagnética, desaparecendo por completo ao deixar de estimulalo. A fosforescencia, polo contrario, permanece durante un periodo de tempo máis longo, chegando a acadar incluso horas de emisión. Un dos poucos minerais no que se presenta fosforescencia é a willemita, que emite luz de cor verde cando contén impurezas de arsénico.

As luces ultravioletas máis común empregadas para destapar a fluorescencia mineral son as de onda curta, 254 nm e onda longa, 265 nm. En onda curta podes ver a fluorescencia de minerais como a scheelita, zafiros e willemita. En minerais como a autunita ou a calcita pode xerar brillos máis intensos. En onda longa, 265 nm, podes ver a fluorescencia de minerais como a gibbsita, autunita, espodumena, a haüyna – mineral dedicado en homenaxe a Haüy-, cerusita, algunas fluoritas, aragonitos, ópalos, calcitas, esfaleritas e  apatitos.


  • Cesión minerais: Carlos Rodríguez Vázquez (1-3, 5) e Francisco Canosa Martínez – Carlos Damián Rodríguez Fernández (4, 6-9).
  • Deseño caixa de fluorescencia: Eduardo Gómez Bargo.
  • Selección de minerais: Inés Fernández Cereijo.
  • Asesoramento: Carlos Rodríguez Vázquez e Javier Miranda.
  • Documentación: Guillermo Zaragoza Vérez.

Ilumina con luz, e verás. Ilumina con luz diferente, e verás diferente, non sempre…