Ermeloíta (Instalación)

Ermeloíta (Instalación)

O NOVO MINERAL GALEGO

  1. Ermeloíta (Al(PO₄) · H₂O). Moaña, Pontevedra.
  2. Réplica mineral 3D. Pegmatita (branco) i ermeloíta (dourado).
  3. Estrutura cristalina 3D da ermeloíta.

DESCUBRIMENTO:

  • Carlos Rodríguez Vázquez, Moisés Núñez García, Manuel Cerviño Fervenza.
  • Nomeado como novo mineral pola Commission on New Minerals, Nomenclature and Classification (CNMNC) da International Mineralogical Association (IMA) no ano 2022.

ESTUDO CIENTÍFICO:

  • Guillermo Zaragoza Vérez, Inés Fernández Cereijo, Bruno Dacuña Mariño, Ramiro Barreiro Pérez, Ezequiel Vázquez Fernández, Montserrat Gomez Dopazo e Oscar Lantes Suárez (Área de Infraestruturas de Investigación, USC).
  • Colaboración: José González del Tánago (UCM) e Ramón Jiménez Martínez (IGME).
  • Impresión 3D réplica mineral: Álvaro Sande Barreira (CIQUS, USC).
  • Impresión 3D estrutura cristalina: José Antonio Zumalave Rivas (ZUMALAB, S.L.U).
  • Decoración modelos: Mónica Mura.

O persoal técnico de investigación da Área de Infraestruturas de Investigación da USC identificou no ano 2022 un novo mineral descoñecido para a ciencia. O mineral, recolectado por José Carlos Rodríguez Vázquez et al. en Moaña (Pontevedra) nas inmediacións do Monte Ermelo, foi recoñecido coma nova especie pola International Mineralogical Association (IMA) (https://doi.org/10.5194/ejm-34-385-2022, 2022).

O exemplar tipo e única achádega a nivel mundial ata o momento preséntase á sociedade nesta exposición “Minerais Ver o Invisible” e posteriormente será exposto permanentemente no Museo de Historia Natural da USC.