Paisaxe Sonora: F. Buíde del Real

Paisaxe Sonora: F. Buíde del Real

 

Música: Mar ao norde. 2014.

Compositor: Fernando Buide del Real.

Interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Paul Daniel.

Gravación do concerto en vivo realizada por Pablo Barreiro Rivas o 7 de novembro de 2014 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

 

 

Mar ao norde toma o seu título do primeiro poemario publicado por Álvaro Cunqueiro en 1932. A través do preciosismo da súa linguaxe, Cunqueiro revisita símbolos e imaxes como o mar ou a noite. En certo modo os poemas parecen fluctuar entre imaxes reais e as representacións imaxinadas que realizamos delas. Así, na obra, escrita para orquestra, ten un acentuado protagonismo a sección de chelos (composta por seis instrumentistas con partituras diferenciadas) que intentan ofrecer e reelaborar as “imaxes” que a orquestra despliega. Nalgúns casos é a orquesta a que parece continuar e prolongar as melodías e xestos musicais que os seis chelos enuncian. Noutros casos, polo contrario, son os chelos os que parecen reverberar e diluir aquelo que a orquesta expón.

Mar ao Norde está escrita nunha sola sección sen solución de continuidade. Un carácter calmo e tranquilo percorre toda a obra, a pesar de que en diversos momentos emerxen intervencións axitadas dos chelos. Esta axitación chega incluso a trasladarse ao conxunto da orquestra, atravesando algún momento de violencia e tensión. A obra desenvolve un certo carácter cíclico: o arranque da peza, onde as trompas sonan sobre a lonxanía duns acordes dos chelos, volve escoitarse ao peche da partitura. A Real Filharmonía de Galicia dirigida por Paul Daniel estrenou esta obra o 6 de novembro de 2014 no auditorio Abanca de Vigo.

 

A Real Filharmonía de Galicia nace como un ambicioso proxecto cultural en Santiago de Compostela no ano 1996. Formada por 50 músicos e un equipo administrativo de 6 persoas, ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o director titular e artístico da formación. Os obxectivos da Real Filharmonía céntranse en difundir a música clásica en todo o territorio galego, buscando sempre as máis altas cotas de excelencia artística a través da colaboración con directores/as e instrumentistas do máis alto nivel e cun firme compromiso na estimulación do talento e a formación musical de nenos e novos.

 

Fernando Buide del Real é doutor en música pola Universidade de Yale. Estudou tamén na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh e nos conservatorios de Santiago de Compostela e Oviedo. A música de Buide foi programada por formacións como a orquestra de Filadelfia, Pittsburgh ou Minnesota, así como por moitas das principales orquestas sinfónicas españolas. Recibiu encargos da Orquesta Nacional de España, JONDE, Sinfónica de Galicia ou Real Filharmonía de Galicia. A súa produción abarca diversos xéneros, cun especial interese pola música vocal, incluíndo a estrea de dúas óperas. O autor, tamén recoñecido pianista, recibiu o premio AEOS-BBVA, a beca Leonardo, a beca Fundación Barrié, a residencia na Real Academia de España en Roma e o premio de investigación Michael Friedmann na Universidad de Yale.

 

Agradecemos a Fernando Buide del Real a súa contribución a este proxecto expositivo para divulgar a investigación mineralóxica a través da cesión da reproducción desta peza sinfónica. O aporte da Paisaxe Sonora de F. Buide envolve a atmósfera da Sala do Artesonado de Fonseca complementando o discurso didáctico a través da sensibilidade sonora.

 

Cristalizacións sonoras.