Haüy

Haüy

 

“A teoría que propoño neste traballo baséase na concordancia da observación co cálculo, da que non se podería prescindir, para tratar, con certo acerto, un asunto onde todo é, por así dicilo, proporción e regularidade”

(“Essai d’une théorie sur la structure des crystaux”, René-Just Haüy, 1784)

 

René Just Haüy (Saint-Just-en-Chaussée, 28 de febreiro de 1743 – París, 1 de xuño de 1822) é un mineraloxista francés autor dunha inxente obra científica nos campos da mineraloxía, cristalografía, piroelectricidade e metroloxía, considerado o fundador da cristalografía. Descubriu a regularidade dos cristais minerais, estableceu o concepto de especie mineral, realizou unha clasificación dos minerais e describiu numerosas especies.

 

Moble orixinal onde se expuxeron os modelos orixinais de Haüy durante o século XX no Museo de Historia Natural da USC (MHN):

-Retrato de René Just Haüy.

-Réplicas dos modelos cristalográficos en madeira para docencia na Facultade de Ciencias.

Os modelos orixinais pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela -1024 exemplares- foron doados polo mesmo Haüy ao matemático galego José Rodríguez no ano 1819. En 1847 a colección ingresa no Museo de Historia Natural. Os modelos representan as formas regulares das diversas variedades cristalinas de cada especie mineral, numeradas e etiquetadas polo mesmo abate.

Exposición de modelos orixinais no MHN durante o século XX.

 

Minerais das coleccións de José Viqueira e Joaquín Pardo (MHN) expostos no moble:

1: Cuarzo amatista (SiO2). Seúl. Korea. Mineral sobre peana de madeira.

2: Calcita (var. espato de Islandia) (CaCO3). Islandia. Clasificación de Strunz: Carbonatos. Dimensións: 19 x 8 x 2,8 cm. Colección Viqueira. Museo de Historia Natural. Códigos MHN:119700286. Código AR: MHN001.

3: Biotita (K(Mg,Fe)3AlSi3O10(OH, F)2). Viena. Austria. Clasificación de Strunz: Tectosilicato. Dimensións: 19x17x1 cm. Colección Viqueira. Museo de Historia Natural. Códigos MHN: FS verde claro/384/00626. Código AR: MHN007.

4: Pirita (FeS2). Mina Bingham Canyon. Utath. EE.UU. Clasificación de Strunz: Sulfuros. Dimensións: 8,7 x 5,6 x 4,1 cm. Colección Viqueira. Museo de Historia Natural. Códigos MHN: 1155/0086/ 1/2.

5: Torita ((Th,U)SiO4). Noruega. Clasificación de Strunz: Nesosilicato. Colección Viqueira. Museo de Historia Natural. Códigos MHN: NS/1294/00524. Código AR: MHN042. Grans en tubo de ensaio de vidro.

6: Cuarzo (SiO2). Manciñeira. As Pontes. A Coruña. Clasificación de Strunz: Tectosilicatos. Dimensións: 10 x 6 x 4,5 cm. Colección Joaquín Pardo. Museo de Historia Natural. Códigos MHN: 51/1185. Código AR: MHN098.

7: Calcita (var. espato de Islandia) (CaCO3). Islandia. Clasificación de Strunz: Carbonatos. Dimensións: 19 x 8 x 2,8 cm. Colección Viqueira. Museo de Historia Natural. Códigos MHN: 234/00274.

 

VITRINA XEMELGA 1

Haüy, René Just

Traité de minéralogie: volumen 5: atlas. 1ª edición

Paris: Imprimerie de Delance, 1801

Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral

Sinatura: 15540

Este volume está depositado no MHN e describe os caracteres mineralóxicos, distribución metódica dos minerais e figuras xeométricas. Regalado por dona María de Gigirey, viúva de Louzao. Santiago, maio 1933.

 

VITRINA XEMELGA 2

Obras de Haüy depositadas na Biblioteca Xeral da USC:

 

Haüy, René Just

Traité de minéralogie. 1ª edición. 5 vol.

París: Imprimerie de Delance, 1801

Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral

Sinaturas: 15536 15537 15538 15539 15540

 

Haüy, René Just

Traité de minéralogie. 2ª edición. 5 vol.

París: Bachelier, 1822

Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral

Sinaturas: 29791/1 29791/2 29791/3 29791/4 29791/5

 

Haüy, René Just

Tableau comparatif des résultats de la cristallographie et de l’analyse chimique, relativement a la classification des minéraux.

París: Imprimeur-Libraire Courcieur, 1809

Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral

Sinatura: 2403

 

Haüy, René Just

Traité élémentaire de physique

París: Imprimerie de Delance et Lesueur, 1803

Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral

Sinatura: 11929

 

Haüy, René Just

Exposition raisonnée de la théorie de l’électricité et du magnétisme

París: La Veuve Desaint, 1787

Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Xeral

Sinatura: RSE 3941

 

A Biblioteca Xeral da USC posúe unha inxente cantidade de obras bibliográficas de incalculable valor e antiguidade. En concreto, para o caso da obra de Haüy, destácase que segundo o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español, a Biblioteca Xeral é a única biblioteca que ten exemplares das dúas edicións (1801 e 1822) do Traité de Minéralogie de Haüy.

Documentación: Biblioteca Xeral (Francisco Javier Villar Teijeiro, Almudena Quintáns López e María Belén Domínguez Román) e Bruno Dacuña Mariño.

Montaxes: Xoana Pintos Barral, Juan Manuel Cutrín Lobato.

Deseño: Monica Mura

 

 Fitos históricos da ciencia mineralóxica

Ano Lugar Autor Obra Descrición
-1400 Mesopotamia Anónimo Tablilla cuneiforme Cómo facer un vidriado de Pb coloreado con Cu
-800 China Fan Li Chi Ni Tzu Descripción de 24 minerais. Cómo fabricar pigmentos vermellos (uso nos guerreiros de terracota)
-700 Mesopotamia Anónimo Lapidario Nomes e descripcións de minerais segundo a súa cor
-600 China Anónimo Huan Nan Zi Descrición de minerais e procesos metalúrxicos
-350 Grecia Aristóteles Meteorologica Recopilación de datos, entre outros, de xeoloxía, mineraloxía e xeografía (minerais derivados de dous tipos de exhalacións: do interior da terra e vaporosa)
-290 Grecia Teofrasto De Lapidibus Referencia 16 minerales en función das súas propiedades  (describe o asbesto)
-30 Grecia Estrabón Geografia Descripción de minería grecorromana: técnicas de extracción mineiras, minerais (terceiro libro dedicado a Iberia)
65 Grecia Pedanio Dioscórides De Materia Medica Describe uns 90 minerais
65 Grecia Plinio el Viejo Naturalis Historia Vol. 33 hasta Vol.37 descripción de minerais (o 33 está dedicado só ao Au) minas, aplicacións… ata 350 minerais descritos
600 India Anónimo Lapidario (Ratnapariska) En verso: descripción de 14 rochas ou minerais (sobre todo pedras preciosas), segundo mitoloxías asociadas
600 España San Isidoro de Sevilla Etimologías 20 libros, un deles adicado a pedras preciosas e metais
1250 Alemaña Alberto Magno De Mineralibus 5 libros sobre minerais, pedras preciosas e metais
1260 España Alfonso X Lapidario 4 libros con debuxos en cor e  procedencias de 360 pedras diferentes (ordenadas segundo signos zodiacais, planetas…)
1500 China Li Chen Tchen Lapidario (Pen tsao kang mou) Descrición de 2000 fármacos, entre eles minerais
1556 Alemaña Georgius Agricola De Re Metallica 12 libros con técnicas de procesado, refinado e fundición de minerais, de construccións mineiras. Describe 573 minerales segundo propiedades, usos e onde atopalos: busca unha clasificación universal de minerais
1556 España Bernardo Pérez de Vargas De re metallica Primeiro  texto en castelán de clasificación de minerais, tomando referencias de autores anteriores
1609 Bélgica Anselmus Boëtius Gemmarum et Lapidum Historia Sobre talla de diamantes e recoñecemento de xemas falsas. Clasificación segundo dureza, beleza brillo e cor
1611 Alemania Johannes Kepler​ Strena, seu de Nive Sexangula Xeometría dos copos de neve, estrapolable á forma de empaquetar en minerais
1668 Dinamarca Nicolaus Steno De solido intra solidum naturaliter contento dissertationis prodromus Principios de Steno: estratificaión de materiais na tierra. Decatouse de que os ángulos entre as caras cristalinas sempre eran iguais para o mesmo mineral en diferentes pezas (ley dos ángulos diedros)
1729 España Álvaro Alonso Barba Arte de los metales en que se enseña el verdadero beneficio de los de oro, y plata por azogue. El modo de fundirlos todos y como se han de refinar, y apartar unos de otros. Metalurxia e descrición de minas en España
1773 España José Torrubia Aparato para la Historia Natural española. Tomo Primero. Contiene muchas Dissertaciones Physicas, especialmente sobre el Diluvio. Descripción de fósiles en España e América do Sur
1774 Alemaña Abraham Gottlob Werner Von den äußerlichen Kennzeichen der Foßilien Clasificación de minerales en función de composición química xunto cas súas  propiedades externas (“mineraloxía práctica”): 4 clases de minerais: “terrosos”, “salinos”, “combustibles” e “metálicos” (317 minerales diferentes). Fundador do neptunismo
1783 Francia Jean-Baptiste Louis Romé de l’Isle Essai de cristallographie 450 formas cristalinas, agrupadas segundo a lei de ángulos diedros
1783 España Fausto Fermín de Elhuyar Análisis químico del wolfram, y examen de un nuevo metal, que entra en su composición Impulsores da nova enxeñaría de minas en América: aislaron o Tunsteno e o Wolframio
1784 Francia René Just Haüy  Essai d’une théorie sur la structure des crystaux: appliquée à plusieurs genres de substances crystallisées Cristais como pequenas unidades tridimensionais (unidade estrutural básica ou “moléculas integrales”) que se apilan. Ley da constancia da simetría e tres números enteiros que definen cada cara dun cristal
1795 España Antonio José de Cavanilles Observaciones sobre la Historia Natural, Geografía, Agricultura, población y frutos del reyno de Valencia Minerais e minas da época
1795 España Andrés Manuel del Río Elementos de Orictognosia o del conocimiento de los fósiles Primeira obra sobre mineraloxía de América con algún dato da Península Ibérica
1808 Suecia Jöns Jacob Berzelius De l’emploi du chalumeau dans les analyses chimiques et les déterminations minéralogiques Análises químicas de minerais exhasustivos: o primeiro en separar o grupo dos silicatos
1837 EEUU James Dwight Dana System of Mineralogy: comprising the most recent discoveries 352 minerais clasificados: agrupaciones segundo anións ou grupos de anións predominantes. Clasificación actualizada e aceptada actualmente
1897 Alemania Johann Friedrich Christian Hessel Krystallometrie 32 clases de simetría: ordeamiento das moitas morfoloxías de minerais (Haüy) nestas simetrías do espacio Euclídeo
1849 Francia Auguste Bravais ur les probabilités des erreurs de situation d’un point 14 redes cristalinas simples que permiten encher o espacio
1895 Alemaña Wilhelm Conrad Rönteng Über eine neue Art von Strahlen. Vorläufige Mitteilung. Descubrimiento dos raios X
1910 España Salvador Calderón y Arana Los minerales de España Cita datos e descubrimientos de minerais propios d Península Ibérica
1912 Alemaña Max Von Laue, Paul Peter Ewald Die Interferenzen von Röntgen- und Elektronenstrahlen. Fünf Vorträge Incide raios X sobre un cristal de blenda (ZnS): patróns de interferencia: difracción
1912 Inglaterra William Henry Bragg, William Lawrence Bragg X Rays and Crystal Structure Inciden raios X sobre un cristal de NaCl: lei de Bragg, interpretación 3D da difracción
1941 Alemaña Karl Hugo Strunz Mineralogische Tabellen Fundador da Asociación Mineralóxica Internacional. Discípulo de Bragg, reagrupación da clasificación de Dana, máis intuitiva, pero máis compleja.Clasificación aceptada actualmente

 

Documentación: Bruno Dacuña Mariño (Unidade de Raios X, USC) en base ás seguintes fontes:

-Guiomar Calvo. 2022. Historia de la Mineralogía. Geología e historia de los minerals que han cambiado el mundo. Editorial Guadalmazán. Córdoba. España. 331 p. ISBN: 9788417547653.

Jean-Claude BoulliardDelphine CabaretPaola Giura. History of crystallography. René-Just Haüy and the birth of crystallography

Crystallography from Haüy to Laue: controversies on the molecular and atomistic nature of solids (Henk Kubbinga

René Just Haüy. Wikipedia

Cristalografía: El cura rompecristales. Cuaderno de Cultura Científica.

Historia de los Modelos Cristalográficos. (Lopez-Acevedo, Macla 14, 2004).

 

 

Visita o Museo de Historia Natural e coñece os modelos orixinais de Haüy, unha colección das máis relevantes dos fondos histórico-científicos do museo

Haüy, sempre Haüy, talentoso humano