Cristaloclastia (Videoperformance)
CRISTALOCLASTIA, 2023
Monica Mura
Videoperformance (vídeo 1920 x 1080, codecs h 264, audio 2 canais)
Segundo conta a lenda, o abate René Just Haüy (1743-1822) estudaba un fragmento de mineral calcita cando lle caeu ao chan e observou como rompía en pequenas pezas que conservaban sempre a mesma forma romboédrica. Este foi o inicio da súa inxente obra científica que sentaría as bases matemáticas para as medicións das xeometrías cristalinas.
O mineraloxista Romé de l’Isle cita ironicamente na súa Christallographie (1783) que acaba de
aparecer un novo tipo de cristalógrafo “para o que a denominación de cristaloclasta (rompecristais) sería máis apropiada”.
Doazón minerais: Fernando Gil Prego (calcita), Cantera de la Estrella, San Juan de Plazuelas, León, e G. Zaragoza (bases líticas).
A rotura dun mineral coma inicio dunha disciplina
Postcard showing Haüy sitting on the floor observing the fragments of a group of prismatic crystals of calcite (calcareous spar) that, according to the legend, he accidentally dropped while he was in the cabinet of curiosities of Mr. Defrance, one of his friends. Private collection. From: -Jean-Claude BoulliardDelphine CabaretPaola Giura. History of crystallography. René-Just Haüy and the birth of crystallography. Fonte: https://www.iucr.org/news/newsletter/etc/articles?issue=155353&result_138339_result_page=25
En 1780, o novo cura francés René Just Haüy (1743-1822), mentres observaba un fermoso agregado de grandes cristais prismáticos de calcita, este se lle caeu ao chan e rompeu en pequenas pezas. Para a súa sorpresa todas as pezas eran da mesma forma romboédrica. O estudo de outros mineraies do mesmo xeito, isto é, rompéndoos, levouno a descubrir que moitos deles estaban formados por pezas de formas características para cada mineral: cristais como pequenas unidades tridimensionais (unidade estrutural básica ou “moléculas integrais”) que se apilan. En 1784 coa publicación do famoso ensaio “Essai d’une théorie sur la structure des crystaux” sentou as bases matemáticas para as medicións das xeometrías cristalinas. O inxente e minucioso traballo de Haüy cristalizou na publicación do seu atlas “Traité de Minéralogie (5 vols, 1801)” e “Traité de cristallographie (2 vols, 1822)”, onde se poden observar máis de 500 formas cristalinas descritas, debuxadas e clasificadas segundo as súas propiedades xeométricas.
Documentación: Bruno Dacuña Mariño.