As propiedades dos minerais (I). F. Canosa

As propiedades dos minerais (I). F. Canosa


Esta actividade de carácter divulgativo ten por obxectivo achegar ao mundo dos minerais, para elo iranse vendo as principais características físicas dos minerais, como son a cor, brillo, raia, dureza, morfoloxía, hábito, transparencia, exfoliación, magnetismo…para elo empregaranse máis de medio cento de mostras de minerais procedentes de diferentes lugares do mundo.

Poñente:

Francisco Canosa Martínez.

Director científico do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo e docente na mesma durante 2 anos. Máster en recursos xeolóxicos e xeotécnia. Estadía de investigación na Université Henri Poincaré de Nancy (Francia). Promotor e guía das XeoRutas en máis de 10 concellos de Galicia. Dende o 2013 organiza ca SGE (Sociedad Geológica de España) o “Geolodía” nalgunha das catro provincias galegas. Docente dos cursos anuais da AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) en Galicia. Docente colaborador dos sete CFR (Centros de Formación e Recursos) e o CAFI da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Creador do programa educativo “Descubrindo as rochas que pisas”, impartido en máis de 100 centros de ensino de Galicia. Autor de varias publicacións de divulgación de xeoloxía, pero tamén de investigación en revistas científicas internacionais.

Inscrición:

Idade recomendada: maiores 16 anos

As reservas están activas na actualidade ata o día 30 de setembro ás 22:00 h. Máximo de reservas por solicitante=2. Aforo=20

 

O obradoiro, unha vez feito…:

Podemos dicir que foi todo un éxito. Como todas as actividades nas que o xeólogo Francisco Canosa participa. Grazas a el por divulgar coñecementos e a tódolos asistentes polo seu entusiasmo e inquietude. Poidemos ver os minerais desde diferentes perspectivas, analizando as súas propiedades, formas, cristalizacións, magnetismo, fluorescencia. Animamos a apuntarse nos próximos obradoiros de Francisco Canosa e do resto dos colaboradores onde se profundizará no mundo mineral desde perspectivas científicas. Grazas igualmente ao persoal do MHN pola súa implicación.

 

Reservas

Este evento está totalmente reservado.

Data -- Hora
01/10/2022 -- 11:00 a.m. - 1:00 p.m.

Ubicación
Sala de Obradoiros do Museo de Historia Natural

8 Replies to “As propiedades dos minerais (I). F. Canosa”

  1. Ola, non podemos asistir o obradoiro de minerais do próximo 1 de octubre. Anulamos a reserva. Francisco T.e Begoña P.
    Grazas, e disculpade as molestias

    1. Bo día Francisco:
      Grazas por avisar. Anulamos as reservas de Francisco e Begoña e quedan así liberadas dúas prazas.
      Esperamos contar con vos para futuros obradoiros.
      Saúdos

  2. Ola, boa tarde.
    Son Susana Rubido, contacto con vós para avisar de que ao final non poderei asistir á xornada. Sinto moito as molestias causadas. Un cordial saúdo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *