As propiedades dos minerais (edición rapaces). F. Canosa

As propiedades dos minerais (edición rapaces). F. Canosa


A NON ASISTENCIA SEN PREVIO AVISO IMPLICARÁ NON PODER PARTICIPAR EN FUTUROS OBRADOIROS. ALGÚN RAPAZ QUEDOU FORA SEN PODER ASISTIR POR NON DAR DE BAIXA A TEMPO ALGUNA RESERVA…

 

Obradoiro orientado a rapaces entre 5 e 14 anos

Esta actividade de carácter divulgativo tivo por obxectivo achegar ao mundo dos minerais, para elo iranse vendo as principais características físicas dos minerais, como son a cor, brillo, raia, dureza, morfoloxía, hábito, transparencia, exfoliación, magnetismo…para elo empregaranse máis de medio cento de mostras de minerais procedentes de diferentes lugares do mundo.

Obradoiro de 2 horas, a segunda hora destinarase a que os rapaces leven algúns dos seus propios minerais e aprendan a identificalos.

Poñente:

Dr. Francisco Canosa Martínez.

Director científico do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo e docente na mesma durante 2 anos. Máster en recursos xeolóxicos e xeotécnia. Estadía de investigación na Université Henri Poincaré de Nancy (Francia). Promotor e guía das XeoRutas en máis de 10 concellos de Galicia. Dende o 2013 organiza ca SGE (Sociedad Geológica de España) o “Geolodía” nalgunha das catro provincias galegas. Docente dos cursos anuais da AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) en Galicia. Docente colaborador dos sete CFR (Centros de Formación e Recursos) e o CAFI da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Creador do programa educativo “Descubrindo as rochas que pisas”, impartido en máis de 100 centros de ensino de Galicia. Autor de varias publicacións de divulgación de xeoloxía, pero tamén de investigación en revistas científicas internacionais.

Inscrición:

Idade recomendada: 5 a 14 anos

Máximo de reservas por solicitante=2. Aforo=20

Se o prazo de reservas está pechado, de producirse baixas, liberaríanse prazas e  voltaría a abrirse o formulario de reservas.

(Aínda que o formulario esté pechado, podes indicar interese de participación no apartado de comentarios)

 

O obradoiro unha vez realizado

Novamente un gran éxito do noso benquerido colaborador e ponente Francisco Canosa. Chegáronnos varias mensaxes de pais e titores indicándonos que aos rapaces lles encantou a actividade.

 

 

 

Poderedes repetir para o ano que ven. Estade atentos!

 

Reservas

As reservas están cerradas para este evento.

Data -- Hora
05/11/2022 -- 10:45 a.m. - 1:00 p.m.

Ubicación
Sala de Obradoiros do Museo de Historia Natural

6 Replies to “As propiedades dos minerais (edición rapaces). F. Canosa”

  1. Bos dias, eu teño unha dúbida. Reservei unha entrada para a miña filla e van vir tamén os meus 2 sobriños que lles reservou súa nai entradas. Poden vir os tres conmigo ou ten que ir a adulta que reserva as entradas? Grazas e un saúdo

    1. Bo día Giovanna:
      O adulto que leve un rapaz ao museo (que non ten por que ser os pais) debe de deixar un nome e dni se o vai recoller ao final do obradoiro un adulto diferente. O museo rexistrará que o rapaz que sae do obradoiro sexa entregado ao adulto que o trouxo ou a outra persoa autorizada polo adulto que o trouxo. De todos modos, por precaución, podedes levar por se acaso unha autorización dos pais se os rapaces ingresan no museo por adultos que non sexan os seus pais.
      Saúdos

  2. Bo día Mariña Villar Valiño.
    Probablemente teñas mal introducido o mail na aplicación posto que veñen de volta os mails, e sendo ese o caso, non debeu nunca de chegarte unha confirmacón de asistencia para o obradoiro do día 5, o cal xutificaría a ausencia rexistrada no propio obradoiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *