As propiedades dos minerais (I). F. Canosa

As propiedades dos minerais (I). F. Canosa


Esta actividade de carácter divulgativo ten por obxectivo achegar ao mundo dos minerais, para elo iranse vendo as principais características físicas dos minerais, como son a cor, brillo, raia, dureza, morfoloxía, hábito, transparencia, exfoliación, magnetismo…para elo empregaranse máis de medio cento de mostras de minerais procedentes de diferentes lugares do mundo.

Poñente:

Francisco Canosa Martínez.

Director científico do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo e docente na mesma durante 2 anos. Máster en recursos xeolóxicos e xeotécnia. Estadía de investigación na Université Henri Poincaré de Nancy (Francia). Promotor e guía das XeoRutas en máis de 10 concellos de Galicia. Dende o 2013 organiza ca SGE (Sociedad Geológica de España) o “Geolodía” nalgunha das catro provincias galegas. Docente dos cursos anuais da AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) en Galicia. Docente colaborador dos sete CFR (Centros de Formación e Recursos) e o CAFI da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Creador do programa educativo “Descubrindo as rochas que pisas”, impartido en máis de 100 centros de ensino de Galicia. Autor de varias publicacións de divulgación de xeoloxía, pero tamén de investigación en revistas científicas internacionais.

Inscrición:

Idade recomendada: maiores 16 anos

As reservas están activas na actualidade ata o día 30 de setembro ás 22:00 h. Máximo de reservas por solicitante=2. Aforo=20

Reservas

Entradas

Registration Information

Data -- Hora
01/10/2022 -- 11:00 a.m. - 1:00 p.m.

Ubicación
Sala de Obradoiros do Museo de Historia Natural

2 Replies to “As propiedades dos minerais (I). F. Canosa”

  1. Ola, non podemos asistir o obradoiro de minerais do próximo 1 de octubre. Anulamos a reserva. Francisco Torrado e Begoña Puime
    Grazas, e disculpade as molestias

    1. Bo día Francisco:
      Grazas por avisar. Anulamos as reservas de Francisco Torrado e Begoña Puime e quedan así liberadas dúas prazas.
      Esperamos contar con vos para futuros obradoiros.
      Saúdos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará