A fluorecencia dos minerais (I). F. Canosa

A fluorecencia dos minerais (I). F. Canosa


Esta actividade de carácter divulgativo ten por obxectivo achegar ao mundo dos minerais, para elo mostraranse as propiedades fluorescentes dos minerais empregando máis de medio cento de mostras minerais procedentes de diferentes lugares do mundo.

Poñente:

Francisco Canosa Martínez.

Director científico do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo e docente na mesma durante 2 anos. Máster en recursos xeolóxicos e xeotécnia. Estadía de investigación na Université Henri Poincaré de Nancy (Francia). Promotor e guía das XeoRutas en máis de 10 concellos de Galicia. Dende o 2013 organiza ca SGE (Sociedad Geológica de España) o “Geolodía” nalgunha das catro provincias galegas. Docente dos cursos anuais da AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) en Galicia. Docente colaborador dos sete CFR (Centros de Formación e Recursos) e o CAFI da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Creador do programa educativo “Descubrindo as rochas que pisas”, impartido en máis de 100 centros de ensino de Galicia. Autor de varias publicacións de divulgación de xeoloxía, pero tamén de investigación en revistas científicas internacionais.

Inscrición:

Idade recomendada: maiores de 14 anos

Activarase 1 mes antes da data de celebración. Reservas máximas por persoa: 2. Aforo: 20

 

¿Tes interese noutras actividades xeo-mineralóxicas que organizan os nosos colaboradores?

Data -- Hora
04/03/2023 -- 11:00 a.m. - 1:00 p.m.

Ubicación
Sala de Obradoiros do Museo de Historia Natural