Etiqueta: Arqueometría

Medicións sobre pezas antigas

Mirando por dentro e por fóra exemplares do Museo de Historia Natural

Mirando por dentro e por fóra exemplares do Museo de Historia Natural

Coa TOMOGRAFÍA DE RAIOS X, coas MICROSCOPÍAS ELECTRÓNICA DE BARRIDO e a ESTEREOGRÁFICA amosamos diferentes exemplos de “visualización” de diferentes pezas do Museo: Fósiles, Taxidermia, Malacoloxía, Meteoritos, Microparásitos, Microgasterópodos e minerais galegos raros. Estas técnicas, a dispor na RIAIDT, coas que se poden xerar rexistros virtuais dos exemplares, aportan valiosa información sobre a súa natureza e estado de conservación e incluso axudan na identificación de novas especies biolóxicas e minerais.

Coa TOMOGRAFÍA DE RAIOS X vemos o interior dos obxectos sen alteralos. Os raios X son absorbidos ou reflexados en relación á densidade e composición do obxecto no que inciden. Durante a exposición recóllense imaxes que, a través dun procesado matemático, permiten obter unha reconstrución tridimensional da estrutura interna. A MICROSCOPÍA ELECTRÓNICA DE BARRIDO aumenta a resolución das imaxes empregando un feixe de electróns acelerados por un campo magnético. Os electróns interaccionan coa mostra producindo unha emisión secundaria que é recollida nun detector e transformada nunha imaxe aumentada na orde dun millón de veces. Na MICROSCOPÍA ESTEREOGRÁFICA a luz visible reflexada por un obxecto é dirixida cun sistema de lentes aumentando considerablemente a súa imaxe, podendo observar detalles non perceptibles a simple vista.

Premer aquí para visualizar o póster relacionado

Análise elemental de azulexos de Sargadelos

Análise elemental de azulexos de Sargadelos

Mostramos o resultado dunha analítica efecturada por Fluorescencia de Rx de Superficies con Microfoco co “M4 TORNADO”. A peza analizada móstrase como unha cerámica composta de arxilas e fragmentos minerais coñecidos coma desgrasantes. O vidrado é fundamentalmente sílice fundida con plomo. Se se lle engade estaño, o vidrado perde a transparencia e adquire cor branca. O manganeso aporta a cor negra, a marrón é polo ferro e arxilas con potasio, e a cor verdosa débese ao cobalto, entre outros…

Premer nesta ligazón para observar os detalles da analítica.